Xornadas Internacionais de Estudo e Actualidade: “Misericordia e Peregrinación“

Estas Xornadas teñen lugar os días 25 e 26 abril Santiago de Compostela

O 25 de abril Klaus Herbers (Erlangen) pronuncia o discurso inaugural: Misericordia nos textos xacobeos e papais do século XII. A continuación Juan Ignacio Arrieta Ochoa de Chinchetru (Secretario do Pontificio Consello para os Textos Lexislativos) achegará o punto de vista do dereito canónico. Robert Plötz (Würzburg) referirase ás confrarías de Santiago tendo en conta dous valores: Misericordia e fraternidade

Na tarde do día 25 Marta Cendón e Dolores Fraga (Santiago) tratarán o aspecto iconográfico medieval da misericordia na Idade Media. Despois hai unha mesa redonda sobre Misericordia e acollida dos peregrinos en Santiago de Compostela na que intervirán membros da arquiconfraría e doutras: Rudolf Hagmann, Adeline Rucquoi, Paolo Caucci.

O 26 de abril adícase a aspectos históricos da man de José Miguel Andrade Cernadas e

Fernando López Alsina. E a conferencia de clausura corre a cargo de Paolo Caucci von Saucken (Perugia): A cuarta obra de misericordia: dar pousada aos peregrinos.

Ademais destes actos académicos, hai visitas ás novas instalacións do Centro Internacional de Acollida ao Peregrino e á nova montaxe do Museo das Peregrinacións.

Si te gustó, comparte:

Entrada relacionada

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *