O vicario xeral da Diocese, Mario Vázquez Carballo, dará unha charla no local da asociación La Unión (r/ Matías López, Sarria), o día 19 de maio ás oito da tarde sobre a figura de Don Elías Valiña e o Camiño de Santiago.
O evento está organizado pola Unión e polo Seminario de Estudos Sarriaos Francisco Vázquez Saco como parte dos actos en memoria de Elías Valiña. Estes actos reanudaránse despois do verán con novas charlas e a colocación dunha placa en honra do “cura do Cebreiro”.