No Camiño cada día é unha caixa de sorpresas

No Camiño non hai dous días iguais, nin horas. É un caixa de sorpresas que cada vez que a abrimos móstranos que o Camiño está vivo. Hai risas e lagrimas, miradas e palabras, encontros e despedidas. Atopámonos con todo tipo de situacións, unhas veces unha gran alegría e os quilómetros non che custa nada andalos, a etapa que che toca ese día é moi levadeira. Inflúe o tempo: un día con moita luz acéndeche esa lámpada interior, sabendo que eses momentos son os mellores do día, cruzas esas miradas co resto dos peregrinos, que non necesitasen que lles fales pois xa che comprenderon o que lles queres dicir, o que esperan este día de ti, aínda que só sexa un sorriso, que vexan na túa cara esa felicidade que che dá o compartir con eles eses momentos tan bos. Pero non todo é alegría no Camiño. Hai momentos nos que debes oir o que che di o teu corpo, tomar o camiño con máis calma. En realidade non importa intentar chegar o primeiro, senón chegar. Ao final non che espera unha medalla nin os aplausos ao gañador, agárdache esa paz interior que viñeches recollendo durante todos os días que realizaches o camiño desde que saíches de casa ata que chegaches ao santuario. O camiño é un lugar de encontro, de atoparse un a si mesmo, de comprobar o pequeno que é o home comparado co que vives dentro do camiño, de que temos que contar cos demais.Tamén é un encontro de culturas ás que as une o obxectivo de completar o Camiño de Santiago e atoparse coa tumba do Apóstolo. Tras compartir a experiencia durante días, cos mesmos obxectivos, chegan os momentos das despedidas, de seguir cada un a súa vida. Agora é o momento de aproveitar todas esas experiencias para poñelas en práctica no día a día.

Manuel Ventosinos

Si te gustó, comparte:

Entrada relacionada

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *