Alberto L. Lucas Franco: Del quirófano a Santiago. Diario de un peregrino

 “Ás veces imaxino o que ocorrería se o peregrino, conforme ten recoñecido históricamente o seu dereito, reclamase no seu Camiño protección, aloxamento e alimento de hospitais como o de San Marcos de León, Reis Católicos de Santiago… Hoxe é impensable tal recoñecemento, aínda que si exista o dereito. De tódolos xeitos, o peregrino non quere luxos”  “Non nego que se exhiba a ruta xacobea como cultura, europeísmo… pero cando un se atopa nela, un é o propio Camiño. Espiritualízase a comunicación e apréciase a verdadeira dimensión do ser humano, na súa esencia. Prescíndese de tódolos aditamentos culturais, económicos, sociais. O peregrino entrégase con naturalidade, sen buscar contraprestación, non se aílla en si mesmo, senón que buscándose a si mesmo atopa ós demais”  “Ó facérmo-la ficha en Roncesvalles, os motivos alegados para peregrinar eran moi distintos: culturais, espirituais, promesas, deportivos, literarios, etc. En cambio, a medida que pasaban os quilómetros e as localidades, difuminábanse e convertíanse en un: o peregrino, a identidade do ser humano buscada co esforzo comunitario, a través dos que, esquecéndose de si mesmos, entréganse ós demais, ignorando a maior parte das veces nome, profesión, status e outras circunstancias vás. Necesítalos e están contigo, tes dúbidas no teu mesmo espírito e fortalécente. Axudan a atoparte e ensínante a entregarte, sen agardar recompensa nin eloxios. Un sorriso, unha palabra, un xesto ó paso e sentes que o ser humano non se perdeu definitivamente, aínda lle queda tempo para recupera-lo seu espírito e coñecerse novamente a si mesmo”

Alberto  L.  Lucas  Franco: Del quirófano a Santiago. Diario de un peregrino, Salamanca: Hispagraphis, 1992, páxs. 126, 123 e 55 

Si te gustó, comparte:

Entrada relacionada

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *