Motivacións

Motivacións dos peregrinos

  Os peregrinos aducen distintas razóns para explica-la súa pere­grinación. Clift e Clift recollen quince razóns distintas, que son as seguintes:  – ir ver un lugar onde ocorreu algo especial;- arrastrarse preto de algo sagrado;- acadar perdón;- esperar e buscar un milagre;- dar grazas;- expresa-lo amor de Deus;- responder ó sentido dunha chamada íntima;- curiosidade: ver a outros que van;- saír da rutina cotiá e ir onde algo novo pode suceder;- abandonar ou esquecer partes dun mesmo;- admirar algo bonito;- facer unha vocación máis interesante;- facer votos en resposta a unha situación extrema;- prepararse para a morte;- quizais simplemente debido a que o fan os propios amigos e un quere estar entre os privilexiados.   Seguindo unha orde xerárquica de ele­vación, pódense facer 6 grupos de motivacións:

a) Fuxida da vida cotiá, deixando o lugar onde habita o peregrino e onde ten os seus problemas.

b) Recuperación das enerxías cun cambio de actividade, facendo algo distinto, novidoso, exótico.

c) Comunicación: nunha vida cotiá onde a comunicación vese dificultade por intereses mercantilistas, entrar nun espazo onde os demais se presentan sen eses intereses resulta atractivo.

d) Coñecemento: arredor do Camiño foise desenvolvendo unha armazón cultural moi rica, digna de admiración, tanto da gran cultura artística, como da cultura do popu­lar.

e) Prestixio: acadar prestixio e admiración social foi un elemento de motivación moi importante na peregrinación doutros tempos, onde a Carta se expuña á entrada da casa, e segue a selo na actualidade.

f) Sacra: motivación de encontrarse con algo de orde ontoloxica­mente superior, con Deus, ás veces consigo mesmo: Dentro dela pode­mos diferenciar dúas concepcións ben distintas: a que ten como finalidade vivir con Deus, e é un fin en si mesmo; aquela que ten como finalidade servirse de Deus e é un medio para acadar un fin distinto do relixioso; entre ambas colle un amplo abano de posibilidades. A devoción relixiosa como fin é ben distinta da que ten a persoa que a través da relixión espera atoparse consi­go mesma pola purificación espiritual, pero en ambos casos existe unha compoñente sacra. Estas aínda son ben distintas do arrepentimen­to de culpas e, noutro extremo, estaría o cumprimento dun voto feito en situación de grave perigo, alivio de doenzas, etc. Neste último caso, aínda que se recorre ó aspecto sacro, o fundamental é a satisfacción de necesidades básicas e estamos nos niveis más baixos da motivación.Motivación sacra como fin (Fin en si mesmo) ↔ Motivación sacra como medio (Medio para acadar outro fin distinto)

Si te gustó, comparte:

Entrada relacionada

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *