Mochila

Simbolismo da mochila (segundo Vicente Malabia)

  O peregrino percibe simbólicamente tódalas cousas coas que o camiño da vida o vai cargando. Elementos imprescindibles van con outros innecesarios que lastran pesadamente o paso lixeiro do vivir. Posesións, desexos, vicios, manías, mentiras, feridas que non curan, cargan as costas do peregrino da vida, que cada noite acaba coas súas forzas esgotadas por un esforzo excesivo.

Ó mesmo tempo, tamén cargan o lombo peregrino pesos imprescindibles: o traballo, a familia, a paixón de saber, o buscar a verdade, a loita pola xustiza, as dores do parto que anuncian o mundo novo que non acaba de nacer, o sufrimento, a angustia de non poder axudar, a morte…  Parece como se fosemos un novo Atlas condenado baixo o peso desmedido do mundo. Pero non é así. É como se Abba Deus decidise,  misterio inescrutable, que todo ser humano se asemellase ó home-Xesucristo na subida ó Calvario.

Entón, cada ser humano levaría a súa cruz, a súa mochila chea dunha carga variopinta, para subir ó persoal Calvario, paraxe da morte. Alí agárdanos Abba Deus para dar cumprido nacemento ó que tan laboriosamente foi xestado. A mochila chega a un Gólgota onde están cravadas milleiros de cruces que forman unha soa onde está Cristo Xesús.  Cando o peregrino liberou a mochila de todo o peso prescindible e recibiu o don de espertar e ver nela o peso doutra carga, lévaa cun temple novo: en lugar de soportar o mundo ó lombo, sustenta, alixeirado, aquela árbore, spes unica, da que pende a salvación. Abba é misericordioso!

Si te gustó, comparte:

Entrada relacionada

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *