(Maribel Toro)
“É iluso esperar un cambio total de vida, de obxectivos, de ilusións, que da peregrinación saia unha persoa nova, descoñecida. Nin é posible nin siquera conveniente. A pegada xacobea hai que buscala nas cousas máis sinxelas e próximas, nunha nova forma máis condescendente, menos ríxida, máis sensible de achegarse a todo o que nos rodea.
Se alguén espera un cambio radical na súa vida, encontrarase cunha certa decepción. A vida segue á volta da viaxe, os problemas continúan existindo… o Camiño queda como algo lonxano, tanto que ás veces a sensación é a de que foi outra persoa a que estivo peregrinando”