Frases sobre peregrinos

  • Percorrer o Camiño de Santiago representa unha oportunidade preciosa para acentuar algunhas actitudes fondamente cristiás. (Carta pastoral dos bispos do Camiño de Santiago en España, 24 de xullo de 1988)
  • Dentro da peregrinación hai a posibilidade de vivi-la maior parte dos valores cristiáns. Nisto radica a riqueza do Camiño. (Miguel Carneiro: “A experiencia do Camiño”, Encrucillada, nº 80)
  • Ser peregrino é estar disposto a enfrontarse consigo mesmo e cos elementos, decidido a aceptar os resultados das túas reflexións e non temer os cambios que estas poidan expor na túa vida futura. (S. E.)
  • O mundo non pode descubrirse percorrendo quilómetros, sen importar cantos, senón a través dunha viaxe espiritual, unha viaxe sen distancias, ardua, humilde e xubilosa. Peregrinaxe que nos guie ata a terra que repousa baixo os nosos pés e que nos ensinen a estar no fogar. (W. B.)
  • O que cada un atopa no Camiño, só é consecuencia do que cada un busca nel. Saíndo dúas persoas o mesmo día, do mesmo sitio, facendo as mesmas etapas, ven cousas moi distintas no Camiño.   A peregrinaxe é un duro oficio que fortalece e reaviva se estás preparado para iso. Cómpre estar preparado para saír ao Camiño con ánimo e intención peregrina.

Si te gustó, comparte:

Entrada relacionada

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *