A peregrinación pode ser unha oportunidade dun maior achegamento a Cristo polos seguintes motivos: – O propio Xesús foi un predicador de camiños que percorreu Palestina sen asentarse en ningún lugar en concreto. Xesús decidiu identificarse cos homes que peregrinaron e peregrinan hoxe polo mundo. Ademais, Xesús, é o Peregrino que veu do Pai para facer de nós peregrinos cara ao Reino de Deus. – Ir a Santiago supón comezar a percorrer o camiño que deu sentido á vida do Apóstolo. Ese camiño é Xesucristo. A referencia á vida e obra de Xesucristo é o dato último e definitivo da vida do cristián. – Hai persoas desexosas de estar máis preto de Cristo, e consideran que descubrirán moito máis de Xesús peregrinando que entre libros e conferencias. Esas persoas queren experimentar a existencia de Xesús – No Camiño de Santiago hai moitas referencias a Xesucristo: ermidas, igrexas, mosteiros, santuarios, catedrais, cruces no Camiño, historias de aldeas e pobos, rezos, celebracións… Todo iso pode contribuír a ir concibindo a Xesucristo como o argumento fundamental da propia vida. – O desvalimento e a inseguridade que se experimentan durante a peregrinación permiten contemplar mellor o arrebatante esplendor da gloria de Cristo cos ollos da fe. – A práctica do encontro que vivimos moito durante o Camiño de Santiago lévanos a vivir con intensidade e fondura a nosa condición de peregrinos que camiñan cara ao seu ideal, que é o encontro co Señor e cos irmáns. É importante ese achegamento a Cristo polo seguinte: – Xesús Peregrino, é o único Peregrino capaz de camiñar cara ao corazón paternal de Deus.- Ao realizar a experiencia de encontro con Cristo, facemos un descubrimento: cando imos en busca de algo valioso, facémolo mercé á algo que irradia esa realidade buscada. O Camiño de Santiago, entendido como marcha cara ao ideal vén de Cristo e conduce a Cristo. – Camiñar ao encontro do Señor, cuxo coñecemento transmitiunos o apóstolo Santiago, é renovar a vida, en sentido evanxélico, tomando esa orientación xusta: Xesús – Aquel que vai cara a Cristo comprométese a non seguir sendo egoísta, a non seguir repousando, seguro, dentro de si mesmo, senón a ver en Deus o seu ben supremo e a súa felicidade, a saír de si mesmo e partir.