Apertura de igrexas do Camiño

Pola Diocese de Lugo, miles de peregrinos percorren o Camiño a Santiago, sexa polo Camiño Francés, o Primitivo ou a Vía da Prata.

Este ano as igrexas da ruta xacobea permanecerán abertas 6 meses, a partir do Luns Santo, 30 de marzo, e ata o mes de setembro. Outra novidade é a ampliación do horario de apertura, pois pasan de estar abertas 4 horas a abrir 6 horas.

O pasado ano 2014 solicitárase que o convenio entrase en vigor durante a Semana Santa por aumentar os peregrinos nesta época; pero a resposta da Administración fora negativa.

Para o Delegado de Santuarios e Peregrinacións da Diocese, José Criado, resulta «prioritario o coidado de todos os que fan o Camiño e sabemos que deben poder atoparse coas riquezas que depositou nel unha tradición cristiá secular».

Os sacerdotes sós non poden manter abertas todas as igrexas que teñen encomendadas e o peregrino valora e agradece que os templos estean abertos. Por iso contrátanse guías en virtude dun convenio que asinan anualmente o Bispado de Lugo e a Administración autonómica.

Si te gustó, comparte:

Entrada relacionada

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *