Poucas cousas de tanta antigüidade como o Camiño que leva á tumba do Apóstolo Santiago seguen sendo tan actuais e universais.
Un fenómeno case inexplicable. Unha ruta recuperada por un sacerdote de Lugo que saíu a pintar as frechas amarelas que sinalizan o Camiño. Ata a cor foi casualidade. Era a pintura que sobrara de pintar a sinalización horizontal dunha estrada en obras.
Un camiño que vertebra Europa e que cada día fan máis persoas, aínda que iso non implique necesariamente que os pobos estean máis unidos.
Para moitos, un camiño de encontro co mesmo co que tamén se atopou Santiago: Xesucristo, o Señor, o Fillo de Deus.
Santiago é a imaxe de moitos de nós: que nun principio só acudimos a Xesús por puro interese e completamente despistados. Pero, ao final, cando din que as cousas saen ben, atopámonos dunha forma auténtica e sincera co Señor e damos a vida por El.
En Galicia temos un tesouro. Non polos beneficios económicos para os que viven do “fenómeno Xacobeo”, senón polo don da fe chegado ata aquí desde os primeiros momentos da Igrexa. O primeiro pasará, como todo o deste mundo. O segundo permanecerá eternamente.
Miguel Ángel Álvarez