Na mensaxe que o 10 de novembro de 2015 o Papa Francisco comunicou á Sesión Pública das Academias Pontificias dixo, entre outras cousas, o seguinte:
A peregrinación é elemento constitutivo do Xubileo. Na Bula Misericordiae Vultus
A peregrinación é unha experiencia de misericordia, de solidariedade con quen fai o mesmo camiño, como a acollida e a xenerosidade por parte dos hospitaleiros e dos que asisten aos peregrinos. Entre as obras de misericordia corporais, que quixen volver a propoñer como un dos signos característicos do Ano Santo, está a acollida aos forasteiros. suliñei a súa importancia afirmando que «a peregrinación é un signo peculiar do Ano Santo, por ser símbolo do camiño que cada persoa cumpre na súa existencia. A vida é unha peregrinación e o ser humano é un peregrino que percorre un camiño cara a unha meta. Tamén para alcanzar a Porta Santa de Roma e en cada lugar, cada un deberá cumprir, segundo as propias forzas, unha peregrinación. Este será un signo do feito de que tamén a misericordia é unha meta a alcanzar e que require empeño e sacrificio. A peregrinación, así pois, sexa estímulo á conversión: atravesando a Porta Santa deixarémonos abrazar pola misericordia de Deus e empeñarémonos en ser misericordios cos outros igual que o Pai o é con nós» (n. 14).
Auguro que cantos vivan a experiencia da peregrinación cara a Roma ou a tantas metas propostas polas Igrexas locais, poidan sentir, igual que os discípulos de Emaús, ao Señor como compañeiro de viaxe. Que poidan experimentar a alegría do encontro con Él, cos irmáns e irmás, nos cales Él continúa estando presente e interpelando: «Era estranxeiro e acolléstesme… Canto fixestes cun destes irmáns meus máis pequenos fixéstelo comigo»» (Mt 25,35.40).