Compartir

Que feliz é o peregrino cando, unha vez integrado no camiño, ve que a mochila vaise baleirando de todas esas cousas boas que reparte a cada paso que dá. Comproba que é mellor un pequeno sorriso que unha mala contestación, compartir cos demais ese anaco de pan con alegría, aínda que non se invite no mellor restaurante, pois é mellor compartir o pouco que se teña con amor.

Que co exemplo dun verdadeiro peregrino, os demais leven nos seus corazóns todo o bo que o camiño lles deu e que esa ensinanza a transmitan aos que empezan o camiño. Verán en nós que o camiño cambiounos ata a nosa vida.

O camiño debemos de tomalo con moita humildade, non debemos esperar nada material a cambio, pero si no espiritual. Iso si vainos marcar se de verdade facemos o camiño como un peregrino. Ao final todos eses sacrificios teñen a súa recompensa. Prostrado ante o Apóstolo, ese momento de felicidade vaise reflectir en todo o corpo, un vese con todos os depósitos cheos de todas esas boas cousas compartidas no camiño cos demais, conseguiches que os demais compartan esa alegría que ti tes logo de conseguir eses obxectivos que con tanto agarimo prepararas.

(Manuel Ventosinos)

Si te gustó, comparte:

Entrada relacionada

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *