Dentro do ciclo de conferencias que se está realizando este 2015 en homenaxe a D. Elías Valiña, o xoves 19 ás 20h no local de La Unión, en Sarria, Carolina Casal disertará sobre Santiago de Barbadelo nunha conferencia titulada “Sálvame Deus da boca do inferno” en referencia ao salmo 22, 22 (“líbrame da boca do león, deféndeme dos cornos do touro”). A conservadora do Museo Diocesano Catedralicio fai súas as palabras que no prólogo ao Inventario artístico de Lugo y su provincia di Elías Valiña sobre a intención de que tal obra sirva de guía a investigadores. Carolina Casal, partindo da información contida no Inventario… tratará fundamentalmente do simbolismo presente no templo.
Entrada relacionada
Apertura de igrexas do Camiño
Publicada en Por caminante
Proxección da película «La fe mueve montañas»
Publicada en Por caminante
Exposición «Silencio, o monacato nas orixes do Camiño»
Publicada en Por caminante
Elías Valiña, «cura de O Cebreiro»
Publicada en Por caminante