Exposición «Silencio, o monacato nas orixes do Camiño»

No Mosteiro de Samos, o xoves 3 de decembro de 2015, ás 17 horas, inaugúrase a exposición SILENCIO. O monacato nas orixes do Camiño

Organizan o Mosteiro de Samos e a Asociación de Xornalistas e Estudosos do Camiño de Santiago (APECSA)

A mostra, comisariada polos xornalistas Luís Celeiro e José M. Salgado recorre a época na que Santiago de Compostela convértese en gran meta de peregrinación, a través de textos e fotografías, libros antigos e pezas de arte sacra. A través de paneis de grandes dimensións, con fotos e texto, explícanse as orixes do monacato e a súa relación co Camiño de Santiago. Recóllese a contribución de distintas ordes relixiosas e militares ao desenvolvemento da peregrinación, así como o período de esplendor na época do arcebispo Xelmírez.

Unha das salas dedícase exclusivamente ao Mosteiro de Samos e á súa intensa relación co Camiño de Santiago e pode verse información pouco coñecida sobre a hospedaría medieval e a Casa do Hospital.

Un audiovisual mostra a relación entre peregrinos e monxes. Tamén se exhiben distintas pezas escultóricas e pictóricas de gran valor, restauradas para a ocasión pola «Fundación Otilia Millares».

Si te gustó, comparte:

Entrada relacionada

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *