O venres 5 e o sábado 6 de febreiro o Camiño de Santiago será un dos temas tratados nas xornadas culturais que organiza o Concello de Monterroso (Lugo). Estas xornadas comezan no centro sociocultural da vila na tarde do día 5 e haberá unha mesa redonda (ás 19h) na que participarán, entre outros, Luis Iglesias Rábade (autor dun traballo titulado «Peregrinos y romeros en la Inglaterra medieval» e que falará sobre o Camiño Inglés) e Jesús Varela Zapata (sobre a historia das peregrinacións).
O sábado 6 ás 12:30h Luis Soto Vázquez falará da evolución das peregrinacións ao longo da historia.