Oración de acollida

O padre Sébastien Idihoy, que durante décadas acolleu a peregrinos a Santiago na súa parroquia de Navarrenx, foi enterrado o pasado 9 de febreiro de 2016 na igrexa de Cambo-les-Bains. Descanse en paz. A seguinte é a súa oración de acollida:

Señor, vimos ao Teu encontro,
nos irmáns que te buscan e van cara a Ti e en Ti.
Esperan de nós atención, escoita.
Fainos atentos, humildes, pobres, respetuosos, dispoñibles.
Que poidamos recibir nas nosas vidas
aos irmáns que Ti nos confías hoxe.
A través deles es Ti quen nós queremos encontrar, acoller, amar.
Dálles, a través nosa, os xestos e a Palabra que Ti queres trasmitirlles.
Que eles te reciban a través nosa, como nós te recibimos a través deles.
Que no seu camiño teñan signos da Túa presenza.
Que o Teu Espírito presida este encontro e habite en todos nós.
Que sexa alivio das fatigas,
bálsamo para todas as feridas,
alegría para os corazóns,
enchendo de grazas a todos os que Te aman e serven.
No camiño da vida cada paso achéganos a Ti.
E cando abandonemos esta peregrinación,
despoxados de nós mesmos, coa liberdade reencontrada,
es Ti, Señor, quen nos acollerá xunto con todos os nosos irmáns,
peregrinos do mundo, para descansar na plenitude do teu amor.

Si te gustó, comparte:

Entrada relacionada

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *