As benaventuranzas do peregrino
1.- Benaventurado es, peregrino, se descobres que o camiño che abre os ollos ao que non se ve.
2.- Benaventurado es, peregrino, se o que máis che preocupa non é chegar, senón chegar cos outros.
3.- Benaventurado es, peregrino, cando contemplas o camiño e descóbrelo cheo de nomes e de amenceres.
4.- Benaventurado es, peregrino, porque descubriches o auténtico camiño cando se acaba.
5.- Benaventurado es, peregrino, se a túa mochila vaise baleirando de cousas e o teu corazón non sabe onde colgar tantas emocións.
6.- Benaventurado es, peregrino, se descobres que un paso atrás para axudar a outro vale máis que cen pasos adiante sen mirar ao teu carón.
7.- Benaventurado es, peregrino, cando che falten palabras para agradecer todo o que che sorprende en cada recodo do camiño.
8.- Benaventurado es, peregrino, se buscas a verdade e fas do teu camiño unha vida e da túa vida un camiño, en busca de quen é o Camiño, a Verdade e a Vida.
9.- Benaventurado es, peregrino, se no camiño atópaste contigo mesmo e regálaste un tempo sen présa para non descoidar a imaxe do teu corazón.
10.- Benaventurado es, peregrino, se descobres que o camiño ten moito de silencio; e o silencio de oración, e a oración de encontro co Pai que che espera. Alejandro Fernández Barrajón frade mercedario