Enciclopedia xacobea na internet

Nace a Xacopedia como unha web social interactiva que permite a todos os interesados pola cultura xacobea compartir na internet a súa e experiencia e coñecemento sobre o tema. Ten o seu precedente na Gran Enciclopedia do Camiño de Santiago, que desta maneira faise accesible en todo o mundo.

Inclúense máis de dúas mil fotografas, gráficos, ilustracións e mapas. Tanto pode atoparse un término específico como acceder a información máis xenérica,

Na Xacopedia podemos coñecer a xénese e a historia xacobea de cada localidade pola que pasa o Camiño, desde as grandes cidades ás máis modestas aldeas, así como os servizos que ofrecen ao peregrino. Tamén se dan a coñecer todos os Camiños de Santiago coa súa historia, ruta e peculiaridades. Ademais, figuran personaxes relacionados coa historia xacobea, desde o propio Apóstolo ata humildes peregrinos históricos, reis, nobres, guerreiros, santos

É unha obra colectiva e interactiva que crece coas achegas, tanto gráficas como de textos, de milleiros de persoas de todas as latitudes e nacionalidades queiran verter nela para, deste xeito, apontoala no que xa é a súa xénese: unha esforzo de todos.

Si te gustó, comparte:

Entrada relacionada

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *