Frases de peregrinos

Pensamentos de peregrinos 

O Camiño é… 

«O camiño é como a vida: ten experiencias boas e malas; pero sempre hai que continuar» (Elisabet)

«O Camiño de Santiago é o camiño da vida. Unha experiencia única de solidariedade, , tolerancia, natureza, amizade»

«O Camiño é unha senda de palabra, silencio e tolerancia» (Juan)

«O Camiño é lume puro, incendio total dos sentidos e do corazón» (Antonio)

«O Camiño do peregrino é de paso curto e vista longa» (Ricardo) 

«O amor, a amizade, o sorriso, o sacrificio, o esforzo, a xenerosidade, a tolerancia e a loita son a esencia do Camiño» (Juan)

«O Camiño é teu. é unha experiencia propia, moi persoal, non é como outra viaxe calquera. Antes que nada é unha viaxe interior»

No Camiño búscase… 

«Peregrino para comprender o infinito e dar ás cousas o seu xusto valor» (Moretta)

«No silencio interior do Camiño procuramos unha imaxe rica de nós mesmos, unha imaxe de Deus, para chegar a un encontro rico e persoal con El na nosa intimidade profunda, alí onde nacen as verdadeiras decisións» (José Arlegui)

No Camiño atópase…

«Cada peregrino atopa no Camiño de Santiago o seu propio milagre» (Marian)

«O Camiño serve para aprender a estar cun mesmo» (Juan)

  «Facer o camiño máis aló da beleza das súas paisaxes, a súa enerxía, a súa espiritualidade, a cordialidade e hospitalidade dos galegos, permítenos descubrir toda esa forza interior que todos temos, abrir a nosa mente e o noso corazón a iniciar o camiño cara a unha mellor calidade de vida» (Teresa Márquez)

«O Camiño permite recomezar. Ante un momento no que non sabes que facer, onde ir. Estás nunha encrucillada de camiños»

«O silencio experimentado no camiño di cousas. Así, un pode saber se a vida que fai é boa ou non»

«O camiño serve tamén para descubrir o moito que vale unha toalla»(María) 

O Camiño transforma

«Nós non eramos crentes, pero xa non estamos tan seguros de que non o sexamos. Tes tempo para pensar en todo e plantexalo todo, e rematas pedindo a Deus que te axude a conseguir o que buscas».

«Vivía nunha turbación que nacía do pouco ánimo e da pouca vontade  con que proxectaba cousas que non se axustaban á realidade e nas que había egoísmo. O Camiño púxome en situación propicia para corrixir o rumbo. A paz do Camiño iluminoume coa súa luz e inflamou o meu corazón de amor cara a todo»

Maneiras de facer o Camiño

«Uns días camiño e outros Camiño. A diferenza para min é que uns días limítome a pasar polo percorrido da miña existencia sen máis, e é cando camiño; e outros días procuro poñer en cada mirada aos demais, en cada palabra, e en cada xesto, algo agradable, e ademais de xeito sincero, que non sexa unha careta, e ese día creo que Camiño…  Peregrinar non é só andar e andar por terras descoñecidas cara a un santuario, é facerse mellor cada día que andas. … O Camiño non é unha carreira. Por iso: «non corras, Camiña» (Salvador)

«Non mires os mapas, nos mapas córrese moito» (Javier)

«O camiño, a verdade, e a liberdade comeza pola apertura do corazón, vivir sen medo con amor» (María Lúa)

«No Camiño cada instante vívese con intensidade» (Juan)

«Se feliz co que che aporta o Camiño, que nada ate o teu corazón. Quere aos que camiñan contigo e se feliz con eles. Non chores polos que van máis adiante ou máis atrás. Vive o presente no que une a todos» (Anónimo)

«A dificultade do Camiño é que cómpre certa paciencia. Paciencia que os oficios artesanais tiñan antes e que agora quedan como anecdotarios. Agora hai urxencia. Todo o mundo quere triunfar»

A mirada do peregrino

 «Grazas, peregrino, pola vida que levas dentro e que transmites aos demais. Grazas por existir e por ser como es. E doulle grazas ao Apóstolo por atopar a túa mirada no Camiño» (Anónimo)

«Fixástesvos no brillo de felicidade que ten a mirada dun peregrino?» (Luismi)

Varia  

«Levantarse ao amencer, no Cebreiro, con choiva e con néboa, logo de pasar a noite en vela naufragando entre rouquidos, …e estar contento …é verdaderamente heroico» (Jua)

«Durante moito tempo vivín morrendo, á defensiva fronte ó vicio, a Deus, ó bispo. O Camiño foi como uns exercicios espirituais. Pensei moito nun Cristo vagabundo, desprendido» (sacerdote). 

 

Si te gustó, comparte:

Entrada relacionada

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *