Percorrer o Camiño de Santiago representa unha oportunidade preciosa para acentuar algunhas actitudes fondamente cristiás. (Carta pastoral dos bispos do Camiño de Santiago en España, 24 de xullo de 1988)
Dentro da peregrinación hai a posibilidade de vivi-la maior parte dos valores cristiáns. Nisto radica a riqueza do Camiño. (Miguel Carneiro: “A experiencia do Camiño”, Encrucillada, nº 80)
Ser peregrino é estar disposto a enfrontarse consigo mesmo e cos elementos, decidido a aceptar os resultados das túas reflexións e non temer os cambios que estas poidan expor na túa vida futura. (S. E.)
O mundo non pode descubrirse percorrendo quilómetros, sen importar cantos, senón a través dunha viaxe espiritual, unha viaxe sen distancias, ardua, humilde e xubilosa. Peregrinaxe que nos guie ata a terra que repousa baixo os nosos pés e que nos ensinen a estar no fogar. (W. B.)
O que cada un atopa no Camiño, só é consecuencia do que cada un busca nel. Saíndo dúas persoas o mesmo día, do mesmo sitio, facendo as mesmas etapas, ven cousas moi distintas no Camiño. A peregrinaxe é un duro oficio que fortalece e reaviva se estás preparado para iso. Cómpre estar preparado para saír ao Camiño con ánimo e intención peregrina.