Un peregrino vai buscar a outra parte unha harmonía colectiva que non atopa quizais no lugar onde vive. A peregrinaxe pode así servir á harmonía humana mentres que as nosas sociedades tenden demasiado a dividir: amigos/inimigos, compatriota/estranxeiro, nós/os outros. Grazas á súa viaxe o peregrino experimenta que a súa humanidade revela ser unha unha composición complexa, xa que dá lugar á hospitalidade, a atopar noutros o seu complemento, a tecer un maior número de vínculos sociais, ouvir e comprender outras opinións, outras visións do mundo, outras conviccións. Pero iso supón que se forxou en si mesmo unha aptitude ao encontro, á acollida, a deixarse acoller tamén. A ruta é a ocasión de converter a desconfianza fronte ao outro en confianza e a agresividade potencial en amizade ou en fraternidade.
Entrada relacionada
Solidariedade
Publicada en Por caminante
Valores trascendentes
Publicada en Por caminante
Humildade e Silencio
Publicada en Por caminante
Austeridade
Publicada en Por caminante