Leandro Pozo Gutiérrez: De Saint Jean-Pied de Port a Santiago de Compostela, 2000, páxs. 133 s.
“O sentimento espiritual. Hai exemplos para convencer ós máis escépticos. Como imaxinar rezando sen parar a un xove de 20 anos baixo a chuvia? Onde ves emocionarse a un adulto sen interese relixioso e que comeza a chorar ó pasar polo Pórtico da Gloria? En que outro lugar podes sentir que hai algo que non sabes moi ben que é que vai rodeándote, que che fai mirar cara ó interior do teu mundo? Por que as xentes do Camiño son especialmente sinceras, xenerosas, tolerantes, inxenuas na amizade?”
Leandro Pozo Gutiérrez: Búsquedas y encuentros. Otra vez en el Camino hacia Santiago, páx. 147
Por que unha persoa deixa todo (familia, traballo, amigos) e percorre a pé unha ruta medieval? Non existe, realmente, un motivo específico, correcto ou errado, que leve a unha persoa a percorrer o Camiño, pois esa é unha cuestión persoal. Cada cal ten o seu motivo. Ademais, dise que o peregrino xa está no Camiño no momento en que decide facelo. Tamén xorden outras preguntas: Alguén fala con Deus? Vese algunha luz mística? Realmente o que non se ven son trasnos nin gnomos polos bosques, moito menos diabos en forma de galo. Pero vense e vivéncianse moitas cousas ás cales no noso mundo cotián non prestamos a mínima atención. Preciso é estar aberto para vivir a experiencia. Ese camiño é como unha vereda de Deus no camiño de calquera. Deus falará connosco por medio dun sinal, un acontecemento bo, unha bela paisaxe ou a través dos pensamentos nos momentos de silencio. Foi o sepulcro do apóstolo Santiago (encontrado) que orixinou o Camiño de Santiago. Sen dúbida algunha o aparición do túmulo en Santiago foi punto de partida para a creación do Camiño. Que os peregrinos cumpren a pé. Un modo de procurar inspiración na Natureza. Un soño de Camiño polo reino da Esperanza. Unha convivencia e solidariedade con persoas de varias nacionalidades que teñen esa mesma idea. Nese mesmo percorrido. Os peregrinos, no regreso ao cotián das súas vidas, continúan a procurar, sempre, o seu camiño.
En suma: O Camiño é o momento en que o mundo-físico se encontra co mundo-espiritual, levando a momentos de reflexión. Sensacións e vivencias cada un as ten de formas diferentes, mais facer o Camiño é unha experiencia inigualable. Domingos de Azevedo pensaba como o Camiño non dá respostas doadas, e moitas veces nin sequera dá respostas, xa que estas atópanse dentro de nós mesmos, algo que, aínda que nos custe admitilo sabemos que é así. Non soluciona problemas e cando volvemos a casa temos a certeza de que as cousas van seguir igual, para ben ou para mal, pero si que cambia radicalmente a forma que temos de ver esas cousas. E esa, creo eu, é outra das grandes capacidades transformadoras que ten o Camiño. Dou grazas a Deus por ter a oportunidade de percorrer de novo o Camiño cara ao meu propio interior e polas marabillas que El fai na natureza e en cada un de nós cando deixamos que participe da nosa vida: as nosas loitas, os nosos esforzos, os nosos desexos… Se estamos dispostos a aprender, o camiño non ensina a ser persoas que desexan, que se ilusionan, que buscan, que camiñan, que aman, porque só buscando, camiñando, amando é como imos realizando o soño que Deus ten para cada un de nós. E así, o cansazo, o frío, os ríos, a calor, a néboa, os ceos despexados, as noites escuras, as estrelas, a auga, o xeo, as bochas, a tendinite, o desánimo, a confianza, o peso da mochila, os homes e mulleres que me atopei, son oportunidades para dar grazas a Aquel que nos chama e envía. Vivamos o Camiño compartindo sorrisos e experiencias, porque aí está a verdadeira esencia da vida. Que o Apóstolo Santiago sexa mediador e axuda na nosa peregrinación pola mesma e que en todo saibamos descubrir a pegada de Deus, que coida de nós e transforma a nosa fraqueza na súa forza; e que o noso testemuño de vida faga que outros descansen e confíen naquel que todo o pode.