Celebrarase unha mesa redonda o sábado 14 de novembro ás oito da tarde no hotel Alfonso IX baixo o título «Camiño de Santiago, camiño de solidariedade». Participarán o catedrático de Dereito Mercantil Carlos Lema Devesa (a marca Camiño de Santiago); o prior do mosteiro de Samos, José Luís Vélez (a espiritualidade e hospitalidade na ruta); o subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo (a seguridade e os dispositivos especiais en Ano Santo); o investigador Xaime Félix López Arias (os hospitais para peregrinos desde a Idade Media) e o presidente da asemblea local da Cruz Vermella de Sarria, Jaime Capellá (o papel da Cruz Vermella no Camiño). Precisamente a Cruz Vermella é a que organiza este acto, ao que seguirá a súa gala anual.
Entrada relacionada
Oscar González imparte unha conferencia sobre Elías Valiña
Publicada en Por caminante
Exposición «Silencio, o monacato nas orixes do Camiño»
Publicada en Por caminante
Novo centro de atención ao peregrino
Publicada en Por caminante
Segunda conferencia do ciclo adicado a D. Elías Valiña
Publicada en Por caminante