Desde o 26 de outubro de 2015, o antigo Asilo de Carretas de Santiago de Compostela, ademais da Oficina do Peregrino, conta coas seguintes instalacións: espazo de atención aos peregrinos en diversas linguas, capela, salón de actos, Biblioteca de Estudos Xacobeos, zona e oficina de información turística sobre o Camiño de Santiago e Galicia, zona para as asociacións de amigos do Camiño (entre elas Acollida Cristiá no Camiño), área de administración e información, centro interconfesional, zona de servizos para os peregrinos.
No mesmo espazo instalaráse un centro de acollida para persoas sen fogar que xestionará Cáritas Diocesana de Santiago.
O arcebispo de Santiago, Mons. Julián Barrio, sinalou, entre outras cousas, o seguinte: «Santiago ha de ser faro luminoso nos novos camiños de evanxelización e de encontro cos peregrinos, crentes uns, outros buscando a luz de hoxe coa de onte ata chegar á plenitude da luz. A este centro, que debe ser como unha Betania, casa de harmonía e de descanso onde os peregrinos poidan reflexionar e dialogar, daranlle vida estes e as persoas que os atenderán».