Humildade
O Camiño de Santiago non é unha pista onde se pon a proba a resistencia física das persoas. Máis ben é un banco de probas para a túa humildade e unha lección realista das túas posibilidades humanas e espirituais. Fala con letrados e campesiños con humildade e respecto. Respecta a historia dos vellos tempos. Se alguén che fai dano ou non che acolle, sorrille en silencio. Sentirse rexeitado e abandonado dos demais doe, pero en ocasións pode suscitarnos unha cura de humildade benéfica. Se o peregrino é confundido cun pícaro ou un esmoleiro experimentará en carne propia o que os seres humanos facemos cos «pobres». Non manteñas prexuízos nin cara aos teus irmáns os peregrinos doutras nacións, nin cara ás sinxelas xentes dos pobos, nin cara ás raíces relixiosas da peregrinación. Ante todo se humilde e libre. Non esquezas que en calquera recanto do camiño pódeste atopar con Deus.
Beneficios da humildade: Cando comprobas as túas limitacións físicas e/ou psíquicas, esa é unha oportunidade de crecemento. Porque aos poucos irás quedando a soas contigo mesmo, ti es un dos grandes retos do teu camiño. A humildade libérate fronte ás propostas e seducións de modos de vida moi presentes no mundo pero que non estás buscando precisamente no Camiño de Santiago. A humildade é unha pedagoxía que nos pacifica e vainos dando a medida de nós mesmos. A humildade facilita o diálogo en varios sentidos. Por un lado, crea un ambiente favorable e por outro, dálle un novo cariz ó tema sobre o que se dialoga con outros peregrinos. Aprendes a pedir. Experimentas a necesidade que hai de recorrer á axuda doutros, para orientarte, ter auga, buscar un comercio… Pero non só pedir, pois a humildade, por si mesma, lévache á solidariedade.
Silencio (segundo Vicente Malabia)
Quizais un dos máis fértiles dons que o camiño dea sexa o de vivir o silencio nunha pluralidade de formas. O silencio da noite, poboado de pequenos ruídos que acompañan á música que cantan as estrelas. Silencios feitos de susurros polas marxes dos ríos, rumores gregorianos dos monxes unidos ao canto dos paxaros que saúdan ao sol na mañá. Silencio acompañado polos rozamentos das botas sobre o camiño. Silencios da historia pasada, xa vivida, morta. Mortos que parecen revivir no xardín pechado. Os silencios que levan como da man ao peregrino a introducirse en si mesmo e a escoitar o seu silencio interior, a súa harmonía sonora, lugar onde resoa «a música calada». Ocórreselle ao peregrino que ao noso mundo sóbranlle présas e fáltanlle silencios; que con tanto trafego e tanto ruído non é posible introducirse no seu interior silencio e anda como espallado en cousas exteriores; que se hai ateísmo é porque falta silencio e sobran ruídos e présas. Ocorreulle isto ao peregrino: o que era tan fácil, pensar, rir, orar a través dos campos, a noite ou as aldeas pisando po e terra, convertéuselle en imposible ao atravesar cidades, lugares populosos ou ao pisar asfalto e estradas. Compartir un pito e grolo longo co que planta espárragos, ou asubía ás ovellas, ou remenda roupa vella na porta de casa, agranda os silencios. Na cidade non lle foi tan doado: ninguén lle di ola. Ademais, como está recén chegado do silencio do campo, apárvano os ruídos dos coches, as motos xuvenís, os trajines dos que van e veñen. É un desasosego urbanizado, ruidoso e desapracible. No silencio do río, preñado de rumor de augas, de cantos dos paxaros, de susurros do vento entre os carballos, dalgunha voz que reclama as vacas, percibe o peregrino a harmonía de Deus. Ás veces unha canción musitada dará fortaleza nos teus pés cansos, e noutras ocasións o silencio será o mellor canto para repensar a túa vida en profundidade. Aseméllase o Oribio á gruta de Elías a cuxa porta se presentou o Señor como unha suave brisa, como un vento fresco, apenas murmurado. E brota a oración como unha nota máis na melodía harmoniosa dos seres creados, criatura coas criaturas; únese a voz ao canto dos paxaros, ao vento entre os carballos, ao rumor das augas… O silencio exterior é acollido, resoado no mesmo interior. Deus é cumprido en todo.
Beneficios do silencio:O silencio axúdache a traer u equilibrio ao teu mundo interior e exterior.O silencio pode poñer a túa vida en perspectiva e facilitar o equilibrio entre corpo e alma.Convérteste en observador desde unha distancia. Podes escoitarte e coñecerte mellor. Podes chegar a ter unha visión máis ampla da realidade.– Aprendes a expresar con seguridade e confianza os sentimentos que vas descubrindo.