|
O Cáliz e a Patena |
|
|
Son afamadas pezas románicas do séculoo XII, que pasaron ó Catálogo de Arte Románico Europeo.
«O conxunto do cáliz,
0,13, e reliquiario, 0,12 por 0,17, gárdanse hoxe nun bloque monolítico
de granito, adosado ó altar da capela lateral sur» [21].
Proba da relevancia destos elementos é a súa
presencia na Exposición Eucarística que se celebrou en Lugo en
1896, coincidindo co 2º Congreso Eucarístico. A esta exposición
presentáronse 16 cálices; o do Cebreiro aparece descrito do
seguinte xeito na crónica do Congreso:
"...Un é aquél do Cebreiro onde se verificou o Milagre, consignado na bula de Inocencio III (1487), de convertirse a hostia en carne, e o viño en sangue, despoiss de consagrados por un presbítero de pouca fe. É de pequeno tamaño, cun nudo esférico de follaxes calados e copa semiesférica, coa inscripción: IN NOMINE DOMINE NOSTRI IESV XPI ET BEATE MARIE. La patena que lle acompaña ten no medio de seis lóbulos refundidos unha mano, grabada, bendicindo á grega". [22] |
O Cebreiro recibíu unha medalla de prata polos obxectos presentados. Pero respecto á inscripción do cáliz hai que facer unha matización, xa que non é unha enon dúas as frases latinas que ten grabadas. Na parte inferior é onde se atopa o texto que cita a crónica del Congreso, que traducida significa: "No nome do Noso Señor Xesucristo e da Virxe santa María". E na parte superior, no borde da copa, atopamos esta outra: "Hoc hic sacratur quo cunctis parat", é dicir, "Neste conságrase o que a todos da a vida [23].
Ésta é a imaxe do actual escudo de Galicia. O cáliz do Cebreiro convertíuse nel en símbolo de de Galicia. O autor do diseño é Luís Prego Carregal.
A comenzos de xaneiro de 1984, D. José Antonio García Cotarelo, naqueles tempos secretario xeral técnico da Xunta de Galicia que presidía D. Xerardo Fernández Albor, foi quen encomendou a tarefa de confección de escudo a Luis Prego, sabendo que se presentaría a concurso, no que participaban outros autores. Ó final salíu elixido e constituíuse no escudo oficial de Galicia.