Elías Valiña Sampedro

                                        

   


      Elías Valiña Sampedro nace en Lier, no municipio de Sarria (Lugo), o 2 de febreiro de 1929 e morre en decembro de 1989. Ós 12 años ingresa no Seminario de Lugo, onde continúa ata acaba-los Estudios Eclesiásticos en 1953.

      Para completar e amplia-la súa formación matricúlase, en 1957, na Facultade de Dereito Canónico da Universidade Pontificia de Comillas. Superados con éxito os dous cursos (con catro matrículas, sete sobresalientes e un notable) licénciase en 1959.

      Neste mesmo ano preséntase ós exames de traducción e língua francesa no "Institut Catholique" de Paris e obtén os dous diplomas.

      Finalizada esta etapa formativa, é nomeado párroco de O Cebreiro inmediatamente, o 22 de septembro de 1959, co anexo de San Antonio de Pedrafita. Dende entón, o "cura do Cebreiro" adicará toda a súa vida a esta comarca, da que salirá en contadas ocasións. Parte do ano 1960 pasóuno en Bos Aires, "por razóns de apostolado e outros asuntos afíns". As demais ausencias estuvieron motivadas por razóns de estudio e investigación, a maioría delas relacionadas co Camiño de Santiago.

[Elías Valiña y Félix Rielo]    

Nos años 1961 e 1962 realiza os cursos de doctorado na Universidade Pontificia de Salamanca, elaborando unha tese sobre "El Camino de Santiago. Estudio histórico-jurírico" y defendéndoa nesta Universidade o 5 de maio de 1965.

     Elías Valiña foi de lugar en lugar, de Iglesia en Iglesia, polas Universidades europeas, por los foros internacionais... predicando o bó ser da súa patria e falando da comarca do Cebreiro, así como da importancia do Camiño de Santiago para a unión europea.

      En 1984 emprendeu a señalización do Camiño de Santiago, con flechas amarelas, dende Francia ata Compostela. No traxecto galego realizou varios traballos de limpeza, recuperación de tramos perdidos, enumeración kilométrica, etc. Hoxe considerase o seu traballo de señalización como a delimitación máis segura dos tramos orixináis da Ruta Xacobea. Por todo esto pode dicirse, sen dúbida, que D. Elías foi o máis importante conservador e promotor do Camiño de Santiago como ruta de peregrinación e turismo. De ahí que fose nomeado por unanimidade comisario do Camiño de Santiago durante o I Encontro Xacobeo celebrado en Compostela en 1985. Inicia entón a publicación del Boletín do Camiño de Santiago, coa finalidade de promove-la creación de asociacións de Amigos do Camiño de Santiago, que velarán pola conservación das súas respectivas parcelas ó longo da Ruta.

      Pero o seu interés polo Camiño de Santiago non fixo que descuidara o seu labor na comarca do Cebreiro; ó contrario, foi un dos que máis loitou para favorece-lo desenvolvemento económico e cultural desta zona da montaña lucense. Nada máis facerse cargo da parroquia de "O Cebreiro" inició as xestións para consegui-la restauración da igrexia, a hospedería e o pobo, en peligro de extinción. A Dirección Xeneral de Arquitectura encárgase de elaborar un proxecto de restauración do Cebreiro e o 7 de abril de 1962 recibe de Francisco Pons-Sorolla y Arnau os planos e o proxecto, iniciándose as obras inmediatamente. O 30 de agosto de 1964 o Santuario xa está restaurado e procédese á consagración da Igrexia. As obras continúan co pobo: ós veciños dánselles casas novas e as súas vivendas, as pallozas rehabilítanse e pasan a depender da Dirección Xeneral de Belas Artes. En 1971 inauguróuse un Museo Etnográfico con sede nas pallozas.

      D. Elías Valiña Sampedro, o "cura do Cebreiro", como lle gustaba denominarse foi un persoaxe de extraordinaria importacia non só para a historia do Cebreiro, senon tamén para a promoción do Camiño de Santiago en xeral.


Busto de D. Elías, situado entre a Hospedería e a Igrexia.

[Elías Valiña]



BIBLIOGRAFÍA.


1963: "El valle del Valcárcel en el camino de Santiago". Trátase dun traballo no que comeza a amosa-la súa preocupación polo Camiño de Santiago. Aproveitaráo na súa seguinte obra.


[Portada del libro] 1965. "El Camino de Santiago", estudio histórico-jurídico. É o texto da súa tese doctoral. Consta de dúas partes. Na primeira analiza a peregrinación xacobea á luz do Dereito Canónico e civil, e, na segunda, o tramo do Camiño de Santiago comprendido entre Villafranca do Bierzo e Triacastela. Un dos pratos fortes desta obra é apartado adicado ó Cebreiro. Nel están recopilados tódolos datos coñecidos sobre a historia deste pobo e a súa comarca. Así o afirma no limiar Mons. Guerra Campos: «Constitúen unha verdadeira monografía as páxinas adicadas ó lugar máis alto, topográfica e espiritualmente, de todo o traxecto estudiado, o santuario do Cebreiro, con noticias documentáis que chegan ata a extinción da comunidade beneditina en 1858 e apuntes sobre a restauración contemporánea que, si o autor os completase serían xa autobiográficos». Esta obra foi "Premio Antonio de Nebrija" en 1967 e foi publicada polo CSIC en 1971.

[Portada del libro]

Detalle de la portada

1971, Ano Santo: "Caminos a Compostela". Elías Valiña publica este libro no momento no que o seu nome aparece na prensa nacional ligado ó Camiño de Santiago e as súas potencialidades culturáis e económicas. Está publicada en "Faro de Vigo" e é unha completa guía do Camiño de Santiago. O autor aparece designado como "párroco do Cebreiro".

"Catálogo de los archivos parroquiales de la Diócesis de Lugo". Para realizar esta obra, o autor percorre tódalas parroquias da Diócese de Lugo nun inmenso labor de catalogación dos seus arquivos, dando lugar a unha extensa relación dos mesmos. Foi premio "José María Cuadrado" en 1972.

1975: "Inventario artístico de Lugo y su provincia". Elías Valiña, correspondente da Academia de Doctores de Madrid (sección de Dereito) e membro da Comisión do Patrimonio Cultural da Igrexia en Galicia e do Consello de Cultura na Diputación Provincial de Lugo dirixíu esta obra, tendo como colaboradores a Rielo Carballo, Santos San Cristóbal, Sebastián e Xosé Manuel González Reboredo. É unha extensa obra de 6 volumes, aparecendo o primero e o segundo en 1975. Distribúense do seguinte xeito:

I. Abadín-Campelo (Madrid, 1975).
II. Campo-Extraxiz (Madrid 1975).
III. Facha-Ludrio (Madrid 1980).
IV. Lugo-Ove (Madrid 1980).
V. Pacio-Senande (Madrid 1983).
VI. Seoane-Zoo (Madrid 1983).

Entre os años 1981-83 dirixíu tamén a redacción do "Inventario del patrimonio arquitectónico de la provincia de Lugo" (Madrid, 1980-83) e colaborou coa Universidade Pontificia de Salamanca na redacción do primeiro volume do Synodicom hispanum (Madrid, 1981), adicado a Galicia

En 1982 foi comisionado pola Secretaría de Turismo para a redacción de: El Camino de Santiago. Guía del peregrino.. Dende entón o "Cura do Cebreiro" seguíu traballando no tema das guías para ofrecer ós peregrinos unha ferramenta o máis útil posible no seu camiñar. A edición desta guía, feita por Everest en 1985, será a súa obra máis difundida. Este traballo readaptóuno e amplióuno nos últimos anos da súa vida. Despois foi editado pola editorial Galaxia e a Xunta de Galicia en 1992, con motivo d Xacobeo 93, en varios idiomas.

A Guía do Camiño de Santiago (El Camino de Santiago, Guía del Peregrino a Compostela, Vigo 1992, (23x14 cms.), 276 p.) está organizada en catro seccións.

      A primeira contén un breve resume do que foi a peregrinación xacobea ó longo da historia.

      Na segunda, cunha linguaxe sincera e coloquial, o autor disponse a acompañar ó peregrino describindo minuciosamente o trazado da Ruta.

      Nunha terceira sección ofrece información concisa pero completa sobre lugares de interese histórico e artístico.

      E, na cuarta sección, ofrece información actualizada sobre aloxamento (refuxios para peregrinos, hoteles, campings...) así como unha relación de tendas de reparación para bicicletas, unha selección de bibliografía santiaguista e a letra e música das cancións históricas máis representativas da peregrinación nas súas línguas orixináis.

Nesta mesma liña seguíu traballando ata os últimos días da súa vida, pois a Cartografía complementaria á Guía, rematábaa na primavera de 1989 (morreu en decembro deste ano).
      Esta Cartografía (El Camino de Santiago. Ruta de peregrinación a Santiago de Compostela, Roger Lascelles, Brentforg (UK) 1993, 112 p.) é unha obra feita a escala na que se especifican dúas vías de penetración de Camiño Francés no territorio español e se consignan, ademáis, as rutas alternativas que, por motivos diversos, en épocas anteriores ou na actualidade, poderían nalgún caso resultar aconsellables. Dada a beleza e o encanto dos orixináis, xurdíu a idea da súa reproducción fascímil. E son precisamente estes mapas os que se poñen a disposición do lector nunha doble versión: castelá e inglesa. A súa estructura consta de tres elementos: una introducción sobre a orixe e desenvolvemento histórico da peregrinación a Compostela, o cuerpo da cartografía (76 mapas) e información complementaria de interese para o peregrino.

Aparte destas obras, son innumerables os artigos periodísticos que publicou, tanto na prensa local como na nacional.


  NOTA: Para saber máis detalles da atividade de Elías Valiña Sampedro no Cebreiro pode consultarse a biografía existente na Gran Enciclopedia Gallega, tomo 29, pág. 226 e a obra de Luis Celeiro, "Elías Valiña", integrada na colección "A nosa memoria" que publicou a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia en 1996.
  Para profundizar máis nas últimas obras da súa vida, tamén é recomendable consulta-lo artigo de Luciano Armas Vázquez, "Nueva cartografía del Camino Francés", publicado na Revista "LVCENSIA", que edita a Biblioteca do Seminario Diocesano de Lugo, nº 6, ano 1993.