A LENDA DO SANTO GRIAL.

(O Cáliz do Cebreiro como o Santo Grial)



      Coñécese co nome de "Santo Grial" o cáliz co que Xesucristo celebrou a Última Cea. Hai quen apunta que se trata tamén da «copa sagrada na que Xosé de Arimatea recolleu o sangue de Xesucristo, ferido pola lanza de Longinos» [28]

      Ó redor del se foise creando unha lenda que tivo moita importancia na Idade Media e que está relaccionada coas do Ciclo Artúrico (o Rei Artur e os Cabaleiros da Táboa Redonda, que vagaban na busca do Santo Grial). Entre as máis importantes están as escritas por Wolfram de Eschenbach e a de Cretién de Troyes. Da primeira amosamos a continuación o argumento.

      O heroe, Parzival, é criado e educado pola súa nai na soedade e na ignorancia dos costumes dos cabaleiros, xa que os seus irmáns morreran nelas e non quería que a el lle pasase o mesmo. Pero cando o azar o pon en relacción co mundo da cabalería (vei un cabaleiro no xardín y piensa que é un anxo), e apodérase del o desexo de aventuras. Sepárase da súa nai e ponse en camiño na percura de aventuras. O cabaleiro Gurnemant aconséllalle que nunca promova cuestións inútiles. Seguindo este consello, cando se atopa no Templo do Graal deixa de preguntar polo que significan as aparicións que se ofrecen a súa vista, o que supón perde-la posibilidade de ser rei do territorio do Graal. Logo marcha co Rei Arturo, quen o admite na Táboa Redonda. Parcival lánzase á conquista do Graal sen o concurso divino. Despois de cinco anos de busca en vano, atopa o ermitaño Travezent, quen lle explica a natureza de Deus e do Graal. Volto á relixión, e despois de ter triunfado en varios combates, chega a convertirse no rey do Graal. [29]

      Afirma Wolfram de Eschenbach que reproduxo neste poema a narración dun poeta provenzal chamado Kyot o Guiot de Provins, do que dice que contou o poema dun xeito mellor que non o fixo Cristián de Troyes, outro literato que tratou este tema na súa obra "Perceval", de 1180.

------Tomando como base o poema "Parzival", compón Warner o seu drama lírico "Parsifal", en 1882. Parsifal, o mesmo protagonista con distinto nome, é o tipo do elexido por Deus, quen, gracias a súa pureza, triunfa en tódolos obstáculos e resiste tódalas probas e tentacións ata chegar a poseer o Santo Graal no tabernáculo de Montsalvat(Munsalvaesch). [30]

      No poema de Wolfram aparece tamén o nome de Montsalvat.

      «Warner sitúa tan famosísimo templo nas montañas septentrionales da España gótica. Pero, ¿onde?, ¿en que lugar?. Como os datos xeográficos do Wolfram son vagos e inseguros, esfórzanse os autores en adiviñalo. E namintras uns, como Kufferath, o crítico literario musical de Wagner, cre que Montsalvat designa ós Pirineos, outros como Milá y Fontanals, rectificándose a el mesmo, dícenos en 1861, que tan famosa montaña se atopa camiño de Galicia, co que tamén está conforme o Sr.Bonilla San Martín, quen cre que as novas dos misteriosos lugares de Salvatierra y Montsalvat "foron divulgadas por algúns peregrinos que volveron de Santiago de Compostela" e ainda engade que ós seus clérigos e xuglares algunha parte lles corresponde influencia "na fonte lexendaria común de Cristián e de Wolfram no relativo a Perzeval; de outro xeito non se explican -dice- as alusións topográficas de Wolfram» [31]

      Dentro de Galicia son tamén muitas as teorías que se barallan sobre a ubicación del Grial. Todas elas están pragadas de disonancias, abundando as distintas versións, pois é un traballo difícil acadar datos exactos sobre o tema debido ós cambios producidos ó longo dos siglos. Esta é a idea que transmite Arias San Jurjo:

      "É tan oscuro todo o que se refire ás lendas coñecidas sobre o Santo Grial, a pesar dos estudios feitos polas persoas consagradas en Irlanda, Inglaterra, Francia e Alemania a investiga-las oríxes e fontes da súa Historia, que chegaron profundamente alterados e corrompidos nos nosos días, nas transformacións que sufriron no transcurso dos séculos, ó pasaren de uns países a outros, nunha época de profunda ignorancia, e, especialmente, ó sufriren as civilizacións céltica e xermánica o choque da adiantada e avasalladora civilización romana, imposta co filo da espada e co exterminio de tódolos pobos que non tiveron resignación para vivir coma escravos". [32]

      A pesares destos inconvintes, as lendas chegaron ata os nosos días e están na memoria da gente. De todas elas a que ten unha maior difusión é a que proclama ó santuario do Cebreiro como custodio do Santo Grial. Son moitos os autores que defenden esta tese. D. Elías Valiña Sampedro fai un elenco dos máis importantes:

      "Para moitos escritores, como Ángel del Castillo, Arias San Jurjo, Huidobro y Serna, Marqués de Santa María del Villar, etc., o Cebreiro co seu milagro proporcionou o tema a Wagner para a composición do Parsifal. Así o famoso país de Parsifal é Galicia; o templo indestructible sito na montaña, o Santuario do Cebreiro; e oGrial misterioso, o Cáliz do Cebreiro". [33]

      De Ángel del Castillo reproducimos a continuación o contido dun artigo no que se vei o traballo que levoua cabo para defender esta ubicación do Grial:

      "Acerca da relación que poida garda-lo Santo Milagro eucarístico que se venera nas erguidas montañas do Cebreiro, no mesmo camiño francés das antiguas peregrinacións compostelanas, coa famosa lenda do Santo Grial, dos séculos medieváis, e especialmente coa localización do poema de Wolfram, veño falando en conferencias e escribindo na prensa dende 1909 no que, con motivo da exposición arqueolóxica de Santiago, visitéi por primeira vez aqueles artísticos lugares...". [34]

      A fama do Santo Grial do Cebreiro traspasou as nosas fronteiras e adquiríu unha amplitude mundial. Éste quedó immortalizado na obra do poeta Ramón Cabanillas "O Cabaleiro do Sant Grial", do que extraemos o siguinte fragmento:

«(...) Medianoite por filo, cando o galo cantaba,
Rei Artur ós seus nobres deste xeito falaba:
"El Señor foi servido, desendo do seu trono,
encher de craridade as trevas do meu sono
e faguerme mandado de que os limpos de mal
terán de ir, penitentes, conquerir o SANT GRIAL,
o cáliz do misterio, a copa milagreira
onde a tráxica noite da Cea Derradeira,
ardendo en lume sagro, aceso pol-o amor,
sua sede de martirio apagou El Señor".

(...) Bicado de recendente
soavidade da mañán,
o escudo da cruz Bermella
cinguido pol-o brazal,
espora de ouro calzada,
luminosa espada na man,
o corazón esforzado
aceso e limpo de mal,
costa arriba, metras zoa
no vento maino e levián
de segreda campaíña
o tanguido de cristal,
rube o nombre cabaleiro,
no seu soño de cabalgar,
a montaña milagreira
do Cebreiro-Monsalvat.
(...)¡O seu arredor,en circo,
doce estralas a brilar,
fica, voando quediño,
enriba do SANT GRIAL!»