Historia do Cebreiro 

A Guerra da Independencia

  [Icono]

 

     A comarca do Cebreiro foi unha zona moi castigada polas vicisitudes da guerra. Coas liortas entre ingleses e franceses incorporáronse moitos galegos a filas inglesas para loitar contra Francia, pero tamén se protagonizaron grandes feitos:
 
     "Á vez os guerrilleiros galaicos de As Nogais, animados co bo éxito que obtivieron en Augas Rubias e Brañas de Serra, arroxáronse o día 28 a embestir a corpo descuberto na serra de Alvela a unha partida inimiga que pasaba polo Cebreiro conducindo a prisioneiros ingleses, os que foron libertados e os franceses postos en fuga coa morte de algúns (...) O gobernador Founier salíu de Lugo moi airado cunha columna de franceses, para venga-la morte do seu irmán... queimou con coraxe os bosques e lugares de Campo de árbol, Ponte de Prados, Cruzul, Doncos e Pedrafita, matando ás gentes ancianas e enfermas que atopou e que non puideran fuxir ós montes" [19].

     E o mesmo ocurreu co Mariscal Ney, que «foi acometido na retirada, pois o intrépido guerrilleiro D. Ignacio Herbón e os seus partidarios non cesaron de molestarlo no seu traxecto por Becerreá, As Nogais e Pedrafita, ocasionándolle moitos mortos, prisioneiros, feridos e colliéndolles diferentes efectos». Despois de citar outras moitas aventuras o doctor Correa conclúe afirmando que «os lucenses demostraron que aínda non se extinguira nos seus peitos aquel heroico valor dos que tanto loitaron en Cinniana, o Medulio, Lugo, O Cebreiro, Matanza, Santa Cristina e outros moitos puntos con accións que se distinguiron polo seu valor e patriotismo, sendo Galicia a primeira rexión de España que sacudíu con valentía o xugo extranxeiro» [20].

     Hoxe en día ainda se poden comprobar estas accións heroicas cando aparecen en excavacións esqueletos de presuntos franceses que foron vencidos nestas terras. Un dato interesante é que, durante esta guerra, o cáliz do Cebreiro gardóuse no pobo de Foxos, debido ó perigo de saqueo da igresia por parte das tropas invasoras. Foxos foi un dos poucas lugares que non sufríu as consecuencias da guerra.
 

HISTORIA

Raíces do Cebreiro: As Pallozas.
836. Fundación do Mesón Santuario.
1072. Alfonso VI dónao a S.Giraldo de
       Aurillac. Establecemento dos monxes.
Privilexios reais.
1300. Milagre Eucarístico.
1487. Os RR. Católicos fanno
      depender de S. Benito o Real de Valladolid.
S.XV-XVI. Comeza a decadencia.
1853. Desamortización, o templo
       pasa á xurisdición lucense.
Guerra da Independencia.
1962. Recuperación do Cebreiro.