INTRODUCCIÓN


      Ascendendo uns catro kilómetros dende Pedrafita, atopámonos co mítico Cebreiro. Merece a pena realizar este ascenso para experimentar a paz que ofrecen estes elevados cumes. Experimentase simultáneamente un retroceder no tempo: tan pronto nos sentimos na época medieval ó contempla-la igrexa e o mesón como na época celta adentrándonos en cualquera das pallozas. O presente esquéncese por uns instantes sen que nós sexamos conscientes delo. Entramos nun mundo máxico, sensación que se fai máis intensa ó traspasa-lo porta do santuario. Unha lixeira brisa enche de frescor a nosa cara e núblasenos a vista un instante como consecuencia do contraste entre a craridade exterior e a leve e agradable oscuridade que reina entre os grosos muros románicos. Es é o paso a unha nova dimensión.

      De seguida nos acostumamos á nova situación e adentrámonos na planta da igrexa, ó estilo das basílicas romanas, en tres plantas: á esquerda está o altar de S.Bieito, que nos lembra a época na que a igrexa estivo rexida polos monxes benedictinos; ó fondo da nave central podemos observar un inmenso Cristo Crucificado, único elemento que atopamos nesa parte, a non se-lo altar de pedra sobre o que está colocado. Vémonos obrigados a realizar unha breve meditación sobre o misterio da morte e resurrección de Xesús. E, por fin, acercamonos á nave da dereita, lixeiramente destacada das demais pola iluminación, casi repleta de cirios acendidos; é a capela do Santísimo. Elevamo-la vista sobre o sagrario e podemos contempla-la urna na que se expoñen o cáliz e a patena do milagre, xuntamente coas reliquias, carne e sangue resultado do gran acontecemento que se atopan visibles nun relicario de prata regalado polos RR.Católicos durante a súa estadía nestas terras. E nesta mesma nave, nun pedestal adosado á parede, podemos observar outra figura importante en todo este conxunto; trátase da talla románica da virxe, "Santa María a Real do Cebreiro". Permanece así neste lugar, xunto ás reliquias, como testemuña muda do milagre, pero non mudo de todo, pois, segundo a tradición, inclinou a cabeza para contempla-lo milagre. Cómpre resaltar por último, para remata-la nosa visita ó santuario, a presencia dunha enorme pía bautismal nun recinto que se atopa á entrada da igrexia.

Todas estas emocións fóronse sucedendo dun xeito moi rápido, pero coa intensidade suficiente como para suscita-la nosa curiosidade. Enunciáronse aquí os puntos esenciáis sobre os que xira a historia do Cebreiro. Pero agora sentimo-la necesidade de saber máis cosas. Ésta é a tarefa na que imos intentar mergullarnos de seguido.