Historia do Cebreiro

A Hospedería

  [Icono]

 

      Huidobro, falando sobre os mosteiros e hospederías que se fundaron despois do descubrimento do sepulcro do Apóstolo Santiago, cita O Cebreiro:
 

      «O P.Yepes atrévese a asegurar que o hospital establecido nas alturas do Monte Cebreiro data do ano seguinte ó de tal descubrimento. Non se coñece a data de ningún deses anos, porque a creación de tales establecementos non daba lugar á redacción de ningún documento público nin privado». [4]

      Esta antigüedade confirmarase tamén cando en 1963, con motivo dunhas excavacións arqueolóxicas, descúbrese baixo a vestidura de cal do templo unha edificación de indudable carácter prerrománico.

      Non se sabe con certeza se xa existía un poboado antes do establecemento do Mesón-Hospital para refuxio de peregrinos ou si o pobo naceu a raíz desa circunstancia; Este problema é o que plantea D. Elías Valiña Sampedro na súa tese doutoral. Admite que é un problema de difícil solución, pero apunta como probable a existencia de «un primitivo poboado de habitantes consagrados ó pastoreo nestas montañas» [5]

      E tamén o afirman Losada e Seijas: «É posible que antes da hospedería medieval houbese alí un poboado labrego e incluso que unua das súas rústicas pallozas fose o primitivo albergue que dese benébola acollida e facilitase o descanso ós que subían cansos polo calvario da serranía» [6]. O que sí se pode asegurar é que, existira ou non o poboado antes que a hospedería, a establecemento de tal mesón foi un factor decisivo para afianza-la supervivencia do poboado ó longo dos séculos.

      E, en canto á data de creación deste Mesón-hospital, podemos apunta-lo ano 836, tal como sostén a tradición e o Padre Yepes. En contra desta tese levantáronse varios autores, como o Sr. Uría, que defende que a orixen do mesón debe ubicarse non antes do S.XI, pois parécell prematura a anterior dara por tratarse do mesmo século do descubrimento da tumba do Apóstolo Santiago en Compostela (S.IX). Contra éste e os demáis arremete D. Elías Valiña Sampedro apoiando a data defendida pola tradición, o 836, e aportando unha serie de probas que avalan o que di; entre elas destacamos as siguientes:

      1-«O padre Yepes, Villaamil y Castro, etc, sosteñen que a orixen do Cebreiro se remonta a mediados do S.IX, e que logo donóuno Alfonso VI a San Giraldo de Orleans.

      2-Valous, no diccionario Francés de Historia e Xeografía Eclesiástica, fai unha breve reseña de Cluny... Menciona as grandes hospederías que Cluny tiña no Camiño de Santiago: Frómista, Sahagún, Astorga, Villafranca do Bierzo e "sur la cime la plus abrupte du chemien francais s´élevait le Monastere-Hotelerie de Zebrero, donné par Alfonse VI à S.Geraud d´Orleans"» [7].

      Con este testemuño xa queda asegurado que o mosteiro estaba fundado y tenía plena vitalidade nesta época; e como nos documentos aparece que foi donado, hai que supoñer unha existencia anterior a esa data, co que nos situamos irremisiblemente no século IX, podendo dar por certa a data xa tradicional do 836. Esta antigüedade quedou corroborada no ano 1962 co descubrimento dunha edificación de indudable carácter prerrománico nas ruínas do mosteiro, oculto entre o cal. Este descubrimiento foi obra de Manuel Chamoso Lamas e Pons Soroya y Arnau, Comisario de Belas Artes da Zona do Noroeste e Arquitecto da Dirección Xeral de Arquitectura respectivamente.


      Na hospedería consérvase un baixorelevo da Idade de Bronce, descuberto en 1952. É unha pedra de pequenas dimensións que ten gravada unha escea que parece representar unha cacería ou un sacrificio. Dous homes cos brazos abertos presiden a obra, con tres animáis por diante, dous cun venábulo no ventre e ó terceiro achégaselle con outro venábulo, unha pequena lanza.
 

HISTORIA

Raíces do Cebreiro: As Pallozas.
836. Fundación do Mesón Santuario.
1072. Alfonso VI dónao a S.Giraldo de
       Aurillac. Establecemento dos monxes.
Privilexios reais.
1300. Milagre Eucarístico.
1487. Os RR. Católicos fanno
      depender de S. Benito o Real de Valladolid.
S.XV-XVI. Comeza a decadencia.
1853. Desamortización, o templo
       pasa á xurisdición lucense.
Guerra da Independencia.
1962. Recuperación do Cebreiro.