Historia do Cebreiro

Decadencia

   

      A decadencia do Cebreiro comezou a facerse notar dun xeito patente no século XVI, cando se mergulla en diversos pleitos que lle fan ir perdendo privilexios pouco a pouco. Non significará moito que Carlos V, en 1520, confirme ó mosteiro dende A Coruña tódolos seus dereitos e privilexios, cando a nobreza do país está ó axexo dende tódolos lugares. Este periodo coincide tamén coa decadencia das peregrinacións compostelanas. No tanscurso dos séculos XVI e XVII será despoxado progresivamente das súas posesións e dereitos: entra en litixio cos seus lindantes... de San Martiño de Zanfoga, Santa María Magdalena de Riocereixa, San Estebo de Liñares e Hospital da Condesa.

      Os séculos XVII e XVIII non son máis alentadores que os precedentes, pues o incendio que se produxo en 1641, polo que o priorato ardeu completamente, e os grandes pleitos que tivo que soster non lle permitiron levantar cabeza. Sirva como exemplo da súa situación o feito de que o 1 de marzo de 1722 O Cebreiro ten que pedir un préstamo por valor de 2000 ducados. Dende entón estará sempre empeñado e Valladolid teralle que presta-la súa axuda.

      A decadencia íase faciendo cada vez máis patente co paso do tempo, ata chegar un intre no que a situación non se puido soster, xa que os monxes son expulsados de O Cebreiro como consecuencia da entrada en vigor das leis desamortizadoras.
«Anos antes deste acontecemiento vivían no Priorato dous monxes, un mozo, dous criados, unha pastora, un ciruxano e un barbeiro» [16].
 

HISTORIA

Raíces do Cebreiro: As Pallozas.
836. Fundación do Mesón Santuario.
1072. Alfonso VI dónao a S.Giraldo de
       Aurillac. Establecemento dos monxes.
Privilexios reais.
1300. Milagre Eucarístico.
1487. Os RR. Católicos fanno
      depender de S. Benito o Real de Valladolid.
S.XV-XVI. Comeza a decadencia.
1853. Desamortización, o templo
       pasa á xurisdición lucense.
Guerra da Independencia.
1962. Recuperación do Cebreiro.