Historia do Cebreiro 
Desamortización

  [Icono]

        O Priorato do Cebreiro sobrevivíu levando unha vida artificial ata a fin dos seus sus días. E puido sobrevivir gracias a que os monxes edificaron e explotaron un mesón co que acadaban fondos suficientes para o mantemento de hospital. Pero apenas se lles deixaron o tempo suficiente para lograr rehabilitarse, pois de seguida se lles presentou unha situación moito peor que rachou tódalas esperanzas e significou a morte de Priorato e del hospital. Este fatídico momento ten un nome e una data: Exclaustración, 1835.

        Para comprender mellor esta etapa da historia de España é mellor esbozar unha panorámica na que se poida ve-la situación que reinaba na sociedade española de entón, e, especialmente, a dos monxes. A vida que levaban os monxes durante século XIX permitíalles estar en contacto con tódalas realidades que reinaban en España, xa que o seu hábito estaba presente tanto nas altas esferas da política e do ensino coma no medio dos campos dos labregos, de onde procedían. A xente estaba perfectamente atendida por estos monxes, que lles curaban as súas feridas e lles ensinaban as primeiras letras, e por iso lles estaban agradecidos. Pero esta situación vai cambiar da noite para a mañá. O cambio político que trae consigo a Guerra da Independencia supón unha revisión radical das forzas vitais e dos esquemas administrativos do país. A nova España, consciente da súa decadencia de séculos, quere acomodarse ás luces do século. Os liberáis pretendían provocar unha ruptura co "Antiguo Régimen" (Ancien règime) no senso de que a Igrexa abandoase os seus postos de responsabilidade e de poderío económico pasando a ser os seus escravos. Por outra banda, a enorme deuda pública que arrastraba a Facenda española e as apetencias dunha burguesía ansiosa de enriquecerse con terras boas e baratas, uníronse para realiza-la desamortización eclesiástica.

        As exclaustración legáis comezan en 1834 coa supresión de algúns conventos e remata coa lei recapituladora de 1837. Entran en vigor especialmente polo decreto de 11 de outubro de 1835, durante o mandato de Mendizábal. Paralelamente existen outras exclaustracións ilegales producidas polos motíns nas rúas e as xuntas revolucionarias: matanzas de frailes, queimas de conventos... que no tardaban en ser legalizadas dende o goberno. Se quedara escandalizada a nación con estes asasinatos e queimas de conventos, o mesmo lle ocorre cando comeza a levarse á práctica a famosa lei de Desamortización, obra do ministro de Facienda, Juan Álvarez Mendizábal, de 1836 y 1837. Nun principio quedaban pechados máis de 900 conventos, e ainda que se propuxo que os seus bens pasaran á Caixa de Amortización, non poucos foron dilapidados ó seren postos a poxa pública os edificios, campos e posesións das chamadas "mans mortas" e aproveitarse deles o mellor postor, sen notables beneficos para o Estado. Despois dun periodo de relativa calma, no que se lle devolveran algúns dereitos ós eclesiásticos, en septembro de 1841 díctase unha lei semellante á del 1837, pola que se declaraban suxeitos á venta os bens nacionais consistentes en propiedades do clero secular.

En Galicia non houbo realmente unha supresión fulminante e momentánea dos conventos, senon que se foron realizando unha serie de exclaustracións particulares apoiadas en disposicións gubernativas referidas a casos e a lugares determinados. Nas provincias da Coruña e Lugo foi máis precoz e decidida que nas de Pontevedra e Ourense. En Lugo a supresión dos 14 conventos durou dous meses .[17]

        Durante os anos posteriores á exclaustración, esta política foise levando a cabo de xeito intermitente dependendo dos cambios políticos. Incluso algunhas órdenes foron permitidas por conveniencia política, como foi o caso de algúns colexios. Pero o certo é que esta política iniciada por Mendizábal en 1835 foi alcanzando, tarde o cedo, a casi a totalidade dos conventos e mosteiros de España. Neste estado de cousas O Cebreiro non ía ser unha excepción. No ano 1854, como consecuencia da Lei de Desamortización dos bens eclesiásticos, o mosteiro do Cebreiroten que deixar de existir como tal e os monxes benedictinos tiveron que abandoalo. Así nolo conta D.Elías:
 
        "Despois dunha larga estancia de dez século ó frente do Hospital, en socorro dos peregrinos e demáis necesitados, os monxes de S. Benito, en agosto de 1858, vense precisados a abandor O Cebreiro, como consecuencia das impías leis de desamortización promulgados polo goberno español"[18].

        Unha vez que os monjes abandoaron o recinto, todo vai perdendo prestixio, ata a súa total extinción. Dende ese momento pasou a constituírse parroquia dependente do Obispado de Lugo. De todos xeitos é posible que continuase algún monxe que se fixo cargo da parroquia.
 
 

HISTORIA

Raíces do Cebreiro: As Pallozas.
836. Fundación do Mesón Santuario.
1072. Alfonso VI dónao a S.Giraldo de
       Aurillac. Establecemento dos monxes.
Privilexios reais.
1300. Milagre Eucarístico.
1487. Os RR. Católicos fanno
      depender de S. Benito o Real de Valladolid.
S.XV-XVI. Comeza a decadencia.
1853. Desamortización, o templo
       pasa á xurisdición lucense.
Guerra da Independencia.
1962. Recuperación do Cebreiro.