A Igrexa

   

 





    O templo é de factura prerrománica, século IX, situado un pouco baixo terra para protexerse das fortes tempestades que hai na zona. En 1962 comezan as obras de restauración. A súa situación era totalmente ruinosa, a punto de convertirse nun montón de cascallos. A cor rosácea dos seus muros débese os incendios que o asolaron en 1450 y 1641. Os ábsides son rectangulares, e ata 1962 estivieron recubertos por cal e retablos.

Sepulcros.

     Consérvanse nel dous humildes sepulcros, baixo un arco oxival, nos que se enterraron ó monxe e o labrego protagonistas do milagre. Son sepulcros de carácter antropomórfico.

[Cristo]

O Cristo.

    Segundo elías Valiña, no "Inventario Histórico Artístico de Lugo y su Provincia", é unha talla reciente, situada no vello altar maior. Víctor López Villaravid, no seu libre "O Cebreiro" afirma que o que hai hoxe é unha réplica da imaxe do Santo Cristo orixinal que se expón no Museo de Escultura de Arte Sacra de Madrid.[35]

Pía Bautismal.

    Atópase entrando á esquerda, nun recinto que a aísla da nave da igrexa. Cumpre, polo tanto, o antigo canon de separación do templo. Esta pía é unha boa xoia arqueolóxica que servíu para o bautismo por inmersión, práctica que decaeu no século XIII.

"Lignum Crucis".

    Trátase dunha famosa reliquia, unha estela da Cruz de Cristo, que o papa Calixto II, tío de Anfonso VII, regalou ó priorato do Cebreiro. Fue «antes de subir á Se de San Pedro, cando estivo en España co seu irmán o conde D. Ramón e veu en peregrinación a Santiago» [27]. Este elemento é simplemente unHa anotación que recolle o P.Yepes do que non se sabe nada máis.
 


[Interior del templo]