Historia do Cebreiro 

 
  [Icono]

     O Cebreiro é un dos grandes puntos na peregrinación xacobea; é o lugar máis coñecido polos peregrinos que chegan de centroeuropa. Todos coñecen máis ou menos fragmentos da súa historia, feito que o consagrou para sempre no mundo enteiro. Destaca sobre todo a lenda do Santo Grial e o Milagro Eucarístico. E todo esto é así porque moita xente adicou a súa vida a profundizar na historia do Cebreiro e a difundila máis aló das nosas fronteiras.

      Xente coma D. Elías Valiña Sampedro fixeron que O Cebreiro alcanzara esta situación de privilexio dentro do Camiño de Santiago. A continuación imos tratar de facer unha síntese das teorías máis importantes de tódalas persoas que se adicaron ó estudio da historia do Cebreiro. Cómpre facer unha serie de divisións para poder observar máis craramente as peculiaridades de cada momento histórico. Así poñemos a continuación os momentos máis importantes que dividen e encadran a historia do Cebreiro:
 

HISTORIA

Raíces do Cebreiro: As Pallozas.
836. Fundación do Mesón Santuario.
1072. Alfonso VI dónao a S.Giraldo de
       Aurillac. Establecimiento dos monxes.
Privilexios reais.
1300. Milagro Eucarístico.
1487. Os RR. Católicos fanno
      depender de S. Benito o Real de Valladolid.
S.XV-XVI. Comeza a decadencia.
1853. Desamortización, o templo
       pasa á xurisdición lucense.
Guerra da Independencia.
1962. Recuperación do Cebreiro.