|
Descripción do Cebreiro |
O Cebreiro é un pequeno poblado de apenas oito casas, pertencente ó concello de Pedrafita, da provincia de Lugo. Situado na parte oriental da provincia é a porta de acceso e acollida dos peregrinos que teñen o primeiro contacto con Galicia. É unha rexión montañosa con fermosas vistas panorámicas; dende os cumes do Cebreiro pódense contemplar a un lado os picos da Serra dos Ancares e ó outro a áspera terra de Capeloso e Courel.
A altitude media da comarca ronda os 1000 m., sendo a máxima cota o monte Chao da Poza, con 1402 m. E, en canto a cursos fluviais, únicamente merece a pena destacar o río Navia, que nace nesta serra. Os habitantes da zona viven entregados á agricultura (cultivo de centeno e pataca) e ó pastoreo. Son en total 327 habitantes en toda a parroquia, repartidos entre os pobos de Barxamaior, Cebreiro, Fonteferreira, Fontevedra, Foxos, Lagúa de Tablas, Moeda, y Penaseara.
O motivo que fai que este poblado
sexa mundialmente coñecido é o seu grande pasado histórico,
relaccionado coas peregrinacións, posto que é un dos principáis
puntos do Camiño Francés, como o amosa a sús aparición
en tódalas guías de peregrinos, empezando polo famoso Códex
Calixtinus da Idade Media. Esta guía do peregrino medieval sitúao
como a undécima etapa de todo o percorrido, etapa que vai «de
Villafranca a Triacastela, pasando polo porto do monte Cebreiro».
E é precisamente por este mismo motivo polo que O Cebreiro volve
a cobrar importancia na actualidade. Cada ano miles de peregrinos poñen
especial interese en visitar este lugar, querendo dar forma a todo o que
oíron ou leron da gran historia destas pedras.