Historia do Cebreiro

Privilexios reáis

   

 

    Para o mosteiro e hospital do Cebreiro a Guerra da Independencia tivo funestas consecuencias, pois quedou destruída toda a documentación relativa a estes lugares. Deste xeito só é posible coñecer algúns datos da súa historia a traverso das mencións nos privilexios reais e outros documentos similares.

    O Cebreiro estivo amparado en todo momento pola protección rexia, concedéndoselle imnumerables privilexios. O mosteiro, como afirma o P. Sarmiento, «foi o poderoso feudal e dominador de esta extensa comarca durante os tempos medieváis, con atribucións de coto e forca», circunstancia que tamén lle levaría a pleitos en moitos momentos, sobre todo co mosteiro de Perexe.
 
    "Recibíu donacións, por parte de dona Urraca (1118), da vila e termo de Pereixe, feito que motivou o conflicto entablado en 1286 entre o mosteiro galego e o de Santa María de Cluny, de Villafranca. Alfonso VI xa lle concedera O Cebreiro ós monxes de Aurillac, e Fernando II, en 1166, concede ó hospital o lugar de Zanfoga e Pereixe, confirmando as doacións feitas polo seu proxenitor Alfonso VII. As doacións e privilexios continúan ó longo dos séculos seguintes e este feito ven a confirma-la importancia que tivo O Cebreiro na ruta xacobea namentras estivo ligado ós destinos da coroa" [10].

    Foron moitas outras as doacións que recibíu, e podemos sinalar como privilexios máis importantes os siguientes: -Alfonso VI é un dos primeiros proteccionistas do Cebreiro. No 1072 suprimíu o pago do portazgo de Auctares, de tal xeito que os peregrinos e habitantes do Cebreiro quedaban exentos dese tributo. -Alfonso X dona ó Cebreiro monte de Connavia, con tódolos seus cotos e feligresías. -Enrique II confirmou en Toro, en 1371, ó hospital, prior, monxes e capeláns tódolos privilexios dos seus antepasados e ordenou ós vasalos do Cebreiro e Perexe que pagasen alcabalas ó hospital, eximíndoos de cualquera outro tributo. -No 1391, o conde de Trastámara cede ó hospital as fegresías de San Estebo de Liñares e Alfoz, xuntamente co portazgo de Triacastela, incluíndo rentas e fueros.

    O último privilexio real que recibe O Cebreiro data do 20 de abril de 1605, cando Felipe III expide en Valladolid unha solemne confirmación de tódolos privilexios do priorato. A partires de entón comezan a sucederse diversos episodios caracterizados polas controversias que ten que soster O Cebreiro. atopamos detalles de todas elas nunha relacción de gastos existente nun códice de Valladolid, do ano 1515 a 1521.
 
 

HISTORIA

Raíces do Cebreiro: As Pallozas.
836. Fundación do Mesón Santuario.
1072. Alfonso VI dónao a S.Giraldo de
       Aurillac. Establecemento dos monxes.
Privilexios reais.
1300. Milagre Eucarístico.
1487. Os RR. Católicos fanno
      depender de S. Benito o Real de Valladolid.
S.XV-XVI. Comeza a decadencia.
1853. Desamortización, o templo
       pasa á xurisdición lucense.
Guerra da Independencia.
1962. Recuperación do Cebreiro.