Historia do Cebreiro |
Para empezar a falar da historia do Cebreiro temos que remontarnos a tempos anteriores ós romanos. As pallozas son testemuñas inmellorables que nos revelan ese pasado, sen dúbida, glorioso.
As pallozas: partes e elementos.
A palloza é un tipo de vivenda típica das zonas montañosas; a súa localización céntrase concretamente no este galego (Ancares y O Cebreiro), o oeste asturiano e o noroeste leonés. En liñas xeráis a estructura destas construccións é similar nos lugares sinalados, pero existen, claro está, os elementos propios de cada zona. Elementos que nos falan da zona, condicións climatolóxicas e do carácter da xente. Así, por exemplo, obsérvase a diferencia entre as pallozas dos Ancares e as do Cebreiro; as primeiras son máis altas e de elaborada construcción, imitando as formas das montañas que as rodean, mentras que as do Cebreiro reproducen a forma achatada dos cumes nos que se asentan.
En toda palloza podemos
atopa-las seguintes características: Constan dunha base ovalada,
sobre a que se levanta un muro, cunha altura media de 1,70 m. Todo o conxunto
cúbrese de colmo, palla entrelazada e cosida con retamas que fan
as veces de cordas que atan o tellado. Éste descansa sobre o pau
que se coloca no centro de cada semicírculo, chamados pes de armar,
acabados nunha bifurcación, tixeirado. Cada un reposa nunha lousa
situada no chan. E, en canto á bifurcación de cada pau hai
unha viga, o cume, da que parten hacia os muros unha serie de madeiros,
tiradores ou cangos. En cuanto ó interio, cómpre dicir que
soen estar divididas en dous grandes partes, metade para as persoas e metade
para o gando. E na parte destinada a vivenda pode atoparse a lareira e
unha pequena habitación.
HISTORIA |
Raíces do Cebreiro: As Pallozas. |
836. Fundación do Mesón Santuario. |
1072.
Alfonso VI dónao a S.Giraldo de
Aurillac. Establecemento dos monxes. |
Privilexios reais. |
1300. Milagre Eucarístico. |
1487.
Os
RR. Católicos fanno
depender de S. Benito o Real de Valladolid. |
S.XV-XVI. Comeza a decadencia. |
1853.
Desamortización,
o templo
pasa á xurisdición lucense. |
Guerra da Independencia. |
1962. Recuperación do Cebreiro. |