Historia do Cebreiro |
Unha vez que os monxes abandoaron O Cebreiro, pódese dicir que todo desapareceu con eles. É a fin lóxica despois de observa-la traxectoria dos últimos séculos da súa historia. E foise destruíndo tanto a gloria, o poderío e o prestixio como a mesma parte material, xa que na primeira metade do século XX, o templo e o mesón se atopaban prácticamende en ruínas. A igrexia estaba abandoada, co teito caído e goteiras. No resto do poboado, a xente continuaba vivindo nas súass pallozas. Corría o ano 1962.
No 1963, a Dirección xeral de Arquitectura, trala visita de Manuel Chamoso Lamas e Pons Sorolla Arnau, propúxose a restauración do coxjunto histórico artístico, empezando, como non, pola igrexia e o mesón, e constríu novas casas para os veciños. Acondicionóuse tamén unha palloza para erixila como "Museo Etnolóxico". A Hospedería foi maxistralmente restaurada e aberta ó público no ano 1966.
O poboado pasóu á Dirección Xeral de Belas Artes, con sede no museo-palloza. Comenta Elías Valiña nun artigo póstumo que se publicou no número tres da revista LVCENSIA, que «de novo, lamentablemente, O Cebreiro está sendo víctima de outra nefasta desamortización cultural. Incontrolado, abandoado, sen norma orientativa algunha, érguense arbitrarios chamizos en torno ás casas e pallozas... Son testigos os máis de 15.000 visitantes que o contemplaron en 1988».
Afortunadamente, todos estos pequenos inconvintes solucionáronse pouco a pouco. Mostra deste novo espertar son os miles de peregrinos e romeiros que se congregan anualmente no Cebreiro os días 8 e 9 de setembro, en honor da Nosa Señora e o Santo Milagre. A zona convírtese nun foco de espiritualidade en pleno Camiño de Santiago. Por outra banda, os acontecementos que Galicia vivíu no 1993, Ano Santo Compostelano co "Xacobeo 93", repercutiron positivamente no desenvolvemento do Cebreiro.
Foi dotado das infraestructuras necesarias
para poder da-la resposta adecuada ás actuáis necesidades
da sociedade moderna e dos novos peregrinos. O primitivo mesón,
que non cubría a gran demanda de hospedaxe, complementóuse
cun amplio albergue no que os peregrinos terán cubiertas tódalas
súas necesidades. Estos aconteeimentos marcan o comezo dunha nova
etapa para O Cebreiro. Esperemos que, pouco a pouco, volva recuperar-lo
esplendor de antano polo que traspasou as nosas fronteiras e sega sendo
deste xeito un lugar que irradia vida e ganas de vivir.
HISTORIA |
Raíces do Cebreiro: As Pallozas. |
836. Fundación do Mesón Santuario. |
1072.
Alfonso VI dónao a S.Giraldo de
Aurillac. Establecemento dos monxes. |
Privilexios reais. |
1300. Milagre Eucarístico. |
1487.
Os
RR. Católicos fanno
depender de S. Benito o Real de Valladolid. |
S.XV-XVI. Comeza a decadencia. |
1853.
Desamortización,
o templo
pasa á xurisdición lucense. |
Guerra da Independencia. |
1962. Recuperación do Cebreiro. |