Historia do Cebreiro |
Os RR.Católicos
empezaron a visita a Galicia en Ponferrada o 7 de setembro de 1486 e chegan
a Santiago o 21 do mesmo mes. De regreso, voltan pasar polo Cebreiro o
16 de outono. O Padre Oro proporciónanos detalles sobre esta visita:
«O Cebreiro na
vida de Fernando e Isabel es un hito importante, unha gran experiencia
vivida con sorpresa e admiración. Adoran o Santo Milagre e escoitan
dos beizos dos monxes e labragos as tradicións relixiosas do lugar
sobre a visible presencia que O Licenciado Molina describe con estos versos:
|
Por outra banda a tradición
popular di que
«a raíña quixo levarse estas reliquias
do Cebreiro, xa que alí non recibían o culto que merecían;
así, un día partíu a comitiva rexia coas veneradas
Reliquias cara Castela. Chegados que foron a Perexe, a 20 kilómetros,
onde O Cebreiro tiña outra casa e hospital, os cabalos paráronse
e foi imposible facerlles continuar. O medo apoderóuse da comitiva
e deixaron plena liberdade ós cabalos para toma-la dirección
que quixeran. Os cabalos deron volta e regresaron de novo ás portas
da igrexia de Santa María de O Cebreiro. Á vista deste suceso,
os reises Católicos ordenaron que as Sagradas reliquias continuasen
no Cebreiro...»[15].
O paso de Isabel e de Fernando por estas terras é de grande importancia para O Cebreiro, pois -segue dicindo o P.Oro- "inmediatamente comunican a súa experiencia ó papa Inocencio VIII e solicitan do pontífice licencia para restaurar dignamente a hospedería e o hospital, vinculándoos en diante ós monxes da Congregación Benedictina de Valladolid". Esta petición víuse cumprida baixo o papado de Alexandre VI (1496), que o incorporou ó mosteiro de San Vicente de Monforte. (Villaamil y Castro, Galicia Histótica, Santiago, 1901- recollida na Gran Enciclopedia Gallega).
Como acabamos de ver, O
Cebreiro pasa a depender da orden benedictina, con motivo da reforma das
ordes relixiosas españolas, realizada polos RR. Católicos.
Esto obedece á política de estos reises, empeñados
en libera-la coroa de todo xugo extranxeiro. Posto que O Cebreiro dependía
dunha orde francesa, eliminaron os lazos que o unían co exterior
facendo depender ó Cebreiro dunha casa española. Comeza,
pois unha nova etapa na historia do Cebreiro, xa que abandoa a súa
categoría de mosteiro para converterse nun simple priorato, coa
obriga de manter con parte das súas rendas a casa nai de Valladolid,
como todo priorato. Dende estes intres a súa vida deixa de orientarse
por Aurillac e Cluny verase obrigado a reparti-los beneficios que obtiña
da comarca para o sustento dos seus monxes e necesidades da hospedería
e dos peregrinos que por alí pasaban.
O empeño dos RR.
Católicos por engrandecer ó Cebreiro está presente
nos contínuos privilexios que se lle irán otorgando ó
longo dos anos e que se suman ós xa obtidos en épocas anteriores
doutros reises. Deste xeito O Cebreiro chegará ó seu apoxeo
en tódolos eidos, tanto materiáis coma espirituáis.
Na orde material podemos citar, por exemplo, a exención de varios
tributos ós habitantes de poboado, así como de alcabalas.
Pero toda esta prosperidade empezará moi cedo a decaer, debido ás
guerras, á intromisión dos nobres e á mala administración
dos bens. Signos que evidencian a búsca de solucións ó
problema son os actos de Inocencio VIII, a incorporación á
congregación benedictina de Valladolid, e de Alexandro VI, en 1496,
a fin de reforza-la súa economía anexionándoo ós
mosteiros de Monforte e de San Pedro de Valverde, dispoñendo que
as rensas sobrantes pasasen á hospedería do Cebreiro. Deste
xeito recuperouse da crise e recobrou o seu vello esplendor, que volvería
a entrar en decadencia de forma irremisible no século XVI.
HISTORIA |
Raíces do Cebreiro: As Pallozas. |
836. Fundación do Mesón Santuario. |
1072.
Alfonso VI dónao a S.Giraldo de
Aurillac. Establecemento dos monxes. |
Privilexios reais. |
1300. Milagre Eucarístico. |
1487.
Os
RR. Católicos fanno
depender de S. Benito o Real de Valladolid. |
S.XV-XVI. Comeza a decadencia. |
1853.
Desamortización,
o templo
pasa á xurisdición lucense. |
Guerra da Independencia. |
1962. Recuperación do Cebreiro. |