Santa María a Real do Cebreiro |
Trátase da Virxe
dos Remedios, que, naquel entón presidía o altar maior. A
imaxen leva nunha man o anel pastoral que lle ofrendou o que foi bispo
de Lugo frei Plácido Rey de Lemos [25].
A imaxe sufríu moitas
e malas restauracións. A última foi realizada en 1971, polo
escultor compostelano Alfonso Sanmartín. O proceso descríbenolo
D.
Elías:
"Tiña o neno
sentado no seu seo. Hoxe teno nunha man. A cabeza non é a primitiva.
É difícil lograr unha boa restauración nesta imaxe.
Pola extensa comarca do Cebreiro, nas actuáis provincias de Lugo
e León consérvaselle moita devoción a esta imaxe.
Nas actuáis obras de restauración da igrexa procuróuse non separar esta imaxe do altar das reliquias, para máis soster a tradición. Unha peana incrustada na parede lateral da capela das reliquias da asento a esta venerada imaxe de Santa María a Real do Cebreiro, coñecida no pobo pola Virxen do Santo Milagre".[26] |
Recibe o nome de Santa María a Real do Cebreiro por ter sido declarado o santuario de protección real, sendo favorecido en tódolos tempos por privilexios de reises.
Como anécdota pódese conta-lo feito de que esta imaxen salíu nos medios de comunicación por aparecer atada á parede do santuario cunha cadea un candado. A explicación está nos diversos intentos de roubo que se produciron. Tamén é común oír entre os habitantes do Cebreiro que o cura cambiou a imaxe, o observa-las distintas restauracións.