Festa dos maiores

posted in: Páramo | 0

image

A carballeira do campo da feira do Páramo acolleu a celebración do 20 encontro dos maiores, que congregou a 250 persoas. Houbo misa ás 13.30h. presidida por José Manuel Castro, párroco de san Martiño de Torre e concelebrada polos restantes párrocos do concello e os sacerdotes nativos do lugar. A continuación houbo unha comida de confraternidade e sobremesa amenizada por un dúo musical. O alcalde, Gumersindo Rodríguez fixo de anfitrión e asistiron tamén os membros da corporación municipal.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.