Ruta da capela de San Marcos

posted in: TORRE | 0

 

Ruta de San Marcos

Presento hoxe unha ruta de montaña en dirección ao monte Páramo,onde está o repetidor de Tv. e que permite achegarse á capela de San Marcos, en Biville (Sarria), moi preto do  repetidor. Dende a cima do monte hai unha vista estupendas da comarca de Sarria e Páramo, podendo contemplar ao fonde as localidades de Lugo e Portomarín. O treito parte de San Martiño de Torre, dende O Río, e discurre por una pendente utilizados anos atrás para campionatos galegos de trial. Pódense observar as rampar acondicionadas para o evento.

A Capela de san Marcos conta cunha singularidade, a presenta de tres sartegos antropomórficos escavados na mesma roca na que se asenta a mesma, que data do século VIII aproximadamente.

 

[Galería fotográfica da ruta]

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.