Encontro dos Maiores do Páramo

posted in: Páramo | 0

image

[Ver álbum de fotos]
A carballeira do Páramo acolleu este 28 de xuño a 21 edición do Encontro de Maiores do Concello do Páramo. Preto de 250 persoas acudiron a este evento. Ás 13.30h. celebrouse unha Eucaristía na que participaron os párrocos da zona e os sacerdotes nativos do concello, coa asistencia das autoridades municipais e fregueses de todas as parroquias do concello, que participaron despois nun xantar de fraternidade. Entregáronse tamén diversas distincións aos que cumpliron 50 anos de matrimonio e unha mención especial a Antonio “do Rodo”, a persoa de máis idade e colaborador do concello ata hai poucos anos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.