Igrexas románicas
As igrexas románicas son mostra da espiritualidade que se respiraba nestas terras dende antigo. A máis antiga é a de Vileiriz, da primeira metade do século XII, que conserva íntegra a súa planta orixinal, á que se lle engadía posteriormente a sacristía. Ten a curiosidade de ábside rectangular ao xeito das igrexas visigóticas, aspecto que reforza a súa antigüidade. Nesta igrexa hai dúas tallas románicas da virxe que está depositadas no museo diocesano catedralicio, e que se poderán ver por primeira vez en público despois de más de 40 anos, na inminente apertura desde museo en Corpus.
Da segunda metade deste século XII é tamén a igrexa de Grallás. Tivo varias reformas e a estrutura románica limítese á nave. A actuas espadana, máis esbelta, sustiuiu á primeria.
O mesmo pasou coa igrexa de Friolfe. Ainda que está datada no 910 contou con moitas máis reformas e ampliacións. O actual frontis é barroco e conserva a antiga porta románica. É de destacar a decoración da porta: a Cruz- Espada de Santiago, rombos, estrelas de oito puntas e vieiras, que son clara referencia á veneración ao apóstolo e ó Camiño, que discurre a poucos kilómetros de distancia. O Tímpano ten unha cruz procesional, que se repite na porta norte, cruz semellante á de Malta. E conserva o alzado e os canecillos románicos.
Do mesmo xeito, en San Vicente de Gondrame a única referencia románica é a porta principal. Existía neste lugar cerca da igrexa unha torre-fortaleza.
Outras igrexas da zona son máis modernas pero teñen característica peculiares que quedaron grabadas en cantigas populares, como recolle unha letra repetida habitualmente polos parameses ao falar das sús igrexas:
“Campanario o de Piñeiro, caracol o de san Martiño, campanas as de Sa e retablo o de Vilarmosteiro”.
Torres, Pazos e Casas Señoriáis
-
Casa torre de A Mámoa. Ornamentada con un escudo. Tiña capela privada e nela estivo o xuzgado ata que lle prenderon lume ó arquivo, para “non pasar contas” segundo contas os vellos. No arquivo parroquia consérvase unha copia dunha acta conciliatoria, única que se librou do lime, datada en 1867.
-
Trebolle foi coto. O señor vivía nunha casa-torre que tiña un bolo de pedra no cimo, Seica tivo tres fillos, ó herdeiro deixoulle a casa petrucia (Casa Mosqueira) e para os outros dous construiu as que hoxe son as de Casa Fidaldo e Casa Rodríguez, que estaban rematadas tamén por bolos de pedra, o que deu orixe o nome de Trebolle (tres bolos).
-
A Torre da Barreira. Consévanse os cementos da parte central dos muros de sillería. Os seus moradores eran a familia dos señores de Riba de Neira. Foi destruida e as mellores pezas de cantería foron expliadas.
-
Casa Gaioso, en San Martiño tiña un escudo que agora está e Casa Teixeiro. Di a tradición popular que llelo deron a cambio de dous pans cocidos.
-
En Quintela (Piñeiro) está unha casa-torre cun escudo que pertenceu ós Sarmientos. Tamén hai unha casa, hoxe adicada á labranza, que foi casa solarega dos señores de Sampaio.
-
Pazo de Paredes
-
Torre do Mariscal
-
Pazo de Neira. Casa-torre de Neira. Tivo unha importancia político social moi grande no territorio da antiga xuridiscción de Portomarín. Os señores de Neira, como os de Trebolle, tiñan xurisddición civil e criminal. As casas de Trebolle, A Barreira, San Xuliao a e de castro de Santa Comba desapareceron. A de Piñeiro e a de a Mámoa conservan a parte da edificación antigua.
Hai quen afirma que a casa de Neira foi edificada en 1498. O documento máis antigo que se conserva na casa é de 1501. Nel menciónase ó capitán Pedro Díaz de Páramo, servidor dos Reis Católicos en distintos feitos de armas, Foi Señor de Neira, da torre de Piñeiro e do pazo-torre de Cerceda. Naceu en 1463 e faleceu na torre de Piñeiro no ano 1515. Está enterrado no presbiterio da igrexa parroquia.
No Páramo, a non ser a casa de Neira, xa non queda ningunha descendencia da fidalguía, As propiedades pasaron a mans de foreiros, aparceiros e criados. O trasladarse a fidalquía á cidade, a partir do século XVII, os señores afoaron ou venderon para soster o seu estado de fidalguía, o que motivou a súa erradicación do campo. A redención dos foros foi unha das causas polas que os labradores de converteron en propietarios.
Existe outro patrimonio menos visible pero non por elo menos importante, que está formado pola documentación que gardan os arquivos parroquiáis. Aquí pódese atopar a longa historia de relación humana e espiritual do sacerdote cos seus fregueses a través vida sacramental recollida nestes libros. Cando a nivel civil o rexistro de nacementos non se regularizou ata finais do século XIX, a Igrexa xa viña gardando estes rexistros dende o século XVI. Son arquivos moi utilizados actualmente para a busca de antepasados de cara a confección de árbores xenealóxicas ou tamén para reclamar a cidadanía española no caso de moitos emigrantes, que poden demostrar con esta documentación a súa ascendencia galega.
En Vileiriz, un documentos máis antigos que se conservan actualmente no arquivo parroquial é un libro de bautismos que comeza no ano 1666 e recolle as actas desda parroquia e as de Santa Mariña de Adai, da que antigamente era anexo. Actualmente está dixitalizado na súa totalidade para favorecer a súa consulta.
Entre a documentación sacramental aparecen moitas veces escritos curiosos que son dignos de mención:
Na parroquia de Piñeiro hai unha carta dirixida ó bispo de Lugo solicitando autorización para ter a procesión co Santísimo acompañado de doce cofrades con fachos durante no día da festa, na honra da Virxe do Rosario, que este ano se celebrará os días 6 e 7 de outubro. Festa precedida dunha novena que fan os veciños da parroquia aínda que o sacerdote non poida estar presente, como pasou nalgunha ocasión. Cantos en honor da Virxe, rezo do Rosario e procesión o último día da novena polas rúas do pobo. Pois ben nesta carta alégase como mérito para que se lle conceda esta petición a tradición desta festa que remonta a súa orixe ó ano 1579. Esta carta está datada no 1909.