A Igrexa parroquial, con cemiterio ó redor, ten frontis con boa sillería de ganito, cornixas en volutas, espadana con dúas campás. A porta é románica con tres arquivoltas, pero non se conservan vestixios románicos. A nave, está cuberta a dúa augas, con presbiterio á mesma altura que a nave, pero máis reducido. Arco trunfal de medios punto en arista. Ten sancristía no lateral norte, de pranta asimétrica. O retábulo é renacentista, do século XVII. Ten un corpo de cinco hornacinas e seis columnas de sección cadrada con profunda ornamentación en relevo. Contén as imaxes de San Vicente, San Antonio, San José, tallas do século XIX. No ático ten un Cristo cun fondo de pintura de Jeruralén.
San Vicente de GONDRAME. Tiña como anexo a Santa María de Reascos. A primitiva igrexa parece que foi románica, por algúns vestixios que se conservan na actual. Foi couto da Encomenda de Portomarín. Esta parroquia estivo unida a Ferreiros ata 1893. A partir de este ano úneselle Reascos que pertencía a Adai. Unha disposición dos Priores de Portomarín manda que se toquen as campás á alba, mediodía e anoitecer. Ata hai poucos anos aínda seguía este costume no Arciprestado, pero somentes desde o día de San Marcos até finais do verán. [Elías Valiña: Catálogo de los archivos parroquiales…]
Deixa unha resposta