O domingo, día 4 de novembro, os veciños de Friolfe organizaron un magosto. Comezou despois da misa na igrexa parroquial. Ademais das castañas, houbo liscos e churrasco como complemento culinario. Todo estivo ben preparado e a carpa montada no campo da festa axudou a protexerse mellor dalgunha brisa que presaxiaba xeada de cara á noite.
[slideshow]
Deixa unha resposta