Documentos do Páramo

 

A riqueza patrimonial da Igrexa destaca externamente polos edificios de culto e a imaxinería, obras de arte que forman un conxunto inseparable. Son un patrimonio que herdamos dos nosos antergos e expresión da fe que eles viviron. No concello do Páramo o románico deixou a súa pegada en igrexas como a de San Salvador de Vileiriz, que aínda conserva a súa ábsida rectangular orixinal. Tamén poden citarse as igrexas de Friolfe, do século XII, aínda que reformada posteriormente en 1800. Igualmente hai restos románicos nas igrexas de San Vicente de Gondrame, nunha orixinal porta, Vilarmosteiro, Grallás ou Santiago de Ribas de Miño, coa porta decorada con elementos románicos.

Hai outra riqueza patrimonial que non está tan á vista pero que ten igual importancia. Trátase do patrimonio documental. Son moitos os libros que recollen a vida sacramental das parroquias dende centos de anos atrás. Bautizos, confirmacións, matrimonios, defuncións e contabilidade quedan reflexados nos arquivos parroquiais da diocese de Lugo dende o século XVI. A parroquia de Adai (con Vileiriz) é a que posúe documentación máis antiga no tocante a libros sacramentais de todo o concello do Páramo. Ten libros de bautismos dende 1600. Friolfe ten dende 1635, san Martiño de Torre dende 1646 e Piñeiro dende 1676, por citar algúns. Estes fondos documentais son as únicas ferramentas existentes para armar árbores xenealóxicas, ou máis recentemente, utilizados por moitos emigrantes para conquerir a nacionalidade española.

En Vileiriz, un documentos máis antigos que se conservan actualmente no arquivo parroquial é un libro de bautismos que comeza no ano 1666. Está pendiente de restauración de de depósito no Arquivo Central Parroquial. Recolle as actas de bautismo  desta parroquia e as de Santa Mariña de Adai, da que antigamente era anexo. Actualmente está dixitalizado na súa totalidade para favorecer a súa consulta, como así o está a facer xa algún fregrés deste lugar e o orixinal preservarase de usos que o poidan deteriorar, como xa se fair con todo este tipo de documentación, no Arquivo Central Parroquial do Bispado de Lugo.

Son somente sou exemplos de centos de documentos que recollen a vida parroquial das xentes do Páramo. Dalos a coñecer significar tomar conciencia da necesidade da súa conservación, pois forman parte da nosa vida. Una vida que é presente, ten un pasado que non se pode esquecer e que está chamada a un futuro esperanzador.

Xunto a esta documentación sacramental, os arquivos parroquiais gardan tamén outros documentos froito do traballo diario dos párrocos nas súas xestións cotiás: expedientes matrimoniais, inventarios, correspondencia oficial, xestións de cofradías… etc. Normalmente os libros e a documentación de máis de cen anos consérvase en depósito no arquivo Central Parroquial do bispado, con condicións idóneas para a súa seguridade e conservación. A documentación recente permanece nas parroquias.

A Cofradía do Rosario do Salvador de Piñeiro remóntase ó ano 1579

Na parroquia de Piñeiro hai unha carta dirixida ó bispo de Lugo solicitando autorización para ter a procesión co Santísimo acompañado de doce cofrades con fachos durante no día da festa, na honra da Virxe do Rosario, que este ano se celebrará os días 6 e 7 de outubro. Festa precedida dunha novena que fan os veciños da parroquia aínda que o sacerdote non poida estar presente, como pasou nalgunha ocasión. Cantos en honor da Virxe, rezo do Rosario e procesión o último día da novena polas rúas do pobo. Pois ben nesta carta alégase como mérito para que se lle conceda esta petición a tradición desta festa que remonta a súa orixe ó ano 1579. Esta carta está datada no 1909.