Belenes parroquiales

posted in: Páramo | 0

Na época de Nadal é unha tradición moi nosa a de “poñer o belén”, tanto nas casas como nas igrexas. Nas parroquias do Páramo segue vida esta tradición e últimamente déuselle un pulo aos belenes parroquiales, que se van montando en varias parroquias segundo a disponibilidade de voluntarios para facelos. San Mamede, San Martiño, Friolfe, Piñeiro, San Vicente e Ribas de Miño, contaron estes últimos anos con belenes deste tipo. Nas outras parroquias colócase o neno Xesús ou un pequeno portal adornado con máis ou menos elementos.

Destaco o feito en 2017 na parroquia de Friolfe, que acolleu o belén con máis figuras da contorna: máis de cen. Foi obra de José Antonio o dos seus nenos, Miranda e Germán. En San Martiño de Torre, estes últimos anos fíxose con figuras de “gomaeva”, coa man experta de Eva. Axudaron no Belén tamén Begona, David e varios nenos pequenos coa sua nai. En Piñeiro Marta e Xoan Carlos puxéronse de novo “máns a obra” este ano. En San Mamede, pasaron ao londe destes últimos anos volutarios como Alba, María, Marta, Emilio, Xose… E destaco tamén o de Vilar.

Xa van tres anos dende que en Vilar, parroquia de Ribas de Miño, se está montando polo Nadal un Belén feito con maniquies a tamaño natural. De momento somentes son as figuras de Xosé e de María, pero a idea e de ir incorporando máis figuras cando sexa posible. Tamén se complementa o portal con animáis, como o de unha vaca, tamén de tamaño grande, cordeiros, coellos e outros, variando cada ano a colocación e a estructura do portal.

O belén está montado coa axuda de voluntarios/as, como é o caso de Silvia e Andrea, que veñen facendo o belén dende pequenas. Elas encárganse das figuras, disposición, vestuario… E Javier e Luis, que se encárganse do portal, construcción e decoración. Outras persoas colaboran aportando distintos elementos (éste é o caso da vaca e doutros animáis) ou aportando palla, herba… e varios voluntarios outros anos.

En torno a este belén vanse organizando tamén distintos eventos polo Nadal. Entre eles destacamos o festival de panxoliñas, con pregón de Navidad, feito dous anos seguidos por Noelia, do Dúo Arume. Un ano houbo un pregón especial de José Luis Ramudo, Xefe de informativos de Cope-Lugo.

Tamén se organizou, en 2017, un concurso de belenes das parroquias dos Páramo, a través de Facebook. Durante o festival de Nadal dese ano entregáronse os premios e distincións aos belenes que se presentaron a concurso.

Este ano 2018, lanzóuse un evento, a través de Facebook e do “boca a boca” para animar a visitar o belén de Rivas de Miño e facerse un “selfie” nel, ou ben photocall coas figuras de Xosé e María.



 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.